Arquivos da etiqueta: Diego Giráldez
Arteixo: presentación de Letras a capela
O Porriño: actividades do 9 de maio na Feira do Libro 2024
O Porriño: presentación de As vidas do río, de Xulio Teixeira Rodríguez
Gondomar: presentación de Contas de buxo, de Raquel Fernández
O Porriño: presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales
O Porriño: Xornadas de creación literaria “Da inspiración ao libro”
Pontevedra: Culturgal 2022, do 24 ao 27 de novembro
Amador Castro Moure gaña o Premio Torrente Ballester coa novela Pronto hei de volver
Desde a Deputación da Coruña:
“A novela Pronto hei de volver vén de alzarse como gañadora da XXXIV edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. A obra impúxose entre os 55 exemplares recibidos na modalidade de lingua galega, e, unha vez aberta a plica, o autor resultou ser Amador Castro Moure.
O xurado, que se reuniu esta no Pazo de Mariñán, estivo composto por Berta Dávila, Diego Giráldez, Montse Fajardo, Xina Vega e o gañador deste premio na edición 2021, Raúl M. Santos, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Como secretaria actou a xefa de Sección de Cultura, Manuela Muñiz, e tamén estivo presente a comisaria dos premios literarios da Deputación, Susana Pedreira, sen voz e sen voto.
Pronto hei de volver é, segundo salientou o xurado no seu informe “unha novela moi interesante desde o punto de vista discursivo” e que “aborda o tema da emigración desde un punto de visa novidoso”. Convén indicar que o autor, Amador Castro Moure, é un escritor galego nacido en Chantada pero afincado en Barcelona desde a nenez.
O xurado tamén anotou sobre esta obra que “destaca a elección da protagonista como unha identidade subalterna”, mentres que sobre o estilo salientou “a súa prosa precisa, luminosa no uso da imaxe e hábil no uso do rexistro oral”.”
Francisco Castro gaña o XIX Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego
Desde Afundación:
“O Café Moderno Afundación de Pontevedra celebrou o acto de entrega do XIX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego o martes 25 de outubro, outorgado a Francisco Castro polo seu artigo «Coiden da música» publicado en La Voz de Galicia.
Acompañaron o premiado, ademais das outras dúas persoas finalistas, Cláudia Morán e Diego Giráldez, todas as persoas que conformaron nesta edición o xurado: Víctor Freixanes, presidente do xurado; Carlos Valle, secretario; Fina Casalderrey, vogal; Míriam Ferradáns, vogal; e Gloria Rodríguez López, vogal.
Tamén Camiño Noia, escritora, filóloga e profesora emérita da Universidade de Vigo, participou do acto, facendo unha introdución sobre a sobranceira figura de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas no vindeiro 2023. A raíz desta homenaxe, convocamos a vixésima edición do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, que presentará as súas persoas finalistas no mes de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.”