Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Gondomar: presentación de Na casa da avoa, de Marta Dacosta
Ferrol: actos destacados do venres 21 na Feira do Libro
O
venres 21 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Presentación de Anatomía da lingua (Lingua de amar, lingua de amor), de Antón Cortizas, coa participación do ilustrador Leandro Lamas.
– 20:00 h. Bernardo Maiz presenta o seu libro Amada García e os seus arredores, publicado por Embora.
Vigo: presentación de Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas
A Coruña: presentación de A Razão do Perverso, de Mário Herrero
A
sexta feira 21 de abril, ás 20:00 horas, no coworking Eléctrica (Rúa Boquete de S. Andrés, 8), na Coruña, Mário Herrero presenta A Razão do Perverso, obra que obtivo o X Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, publicado por Caldeirón. No acto participan, xunto ao autor, Alfredo Ferreiro e Paco de Tano.
Redondela: presentación de Da identidade à norma, de Vítor Vaqueiro
Carlos Callón: “O mérito do galego é estar aínda vivo”
Desde
Sermos Galiza:
“O escritor Carlos Callón apresentou esta segunda feira o seu novo libro, Galegocalantes e galegofalantes (Xerais), na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Manuel Bragado, editor da obra, estivo presente no acto ao que tamén acudiu a prensa.
Nun momento no que as estatísticas revelan que o número de galegofalantes é cada vez menor, Callón realiza, en palabras de Bragado, unha crónica do acontecido no panorama lingüístico na Galiza entre os anos 2009 e 2016. Galegocalantes e galegofalantes acusa as administracións de frear o noso idioma realizando ao mesmo tempo “un chamado ás autoridades, pero tamén ao conxunto da sociedade”.
Carlos Callón resalta que cos datos actuais “o mérito [de o galego] é estar vivo” e anima as persoas galegofalantes a defender a nosa lingua ao tempo que convida as non falantes a se uniren a esta loita. Aínda así, o autor móstrase esperanzado. “Esta obra”, afirma Callón, “pretende activar o debate social sobre a lingua galega dende unha perspectiva optimista”.
A cuberta do libro, unha imaxe de Xan Muras, é tamén un reflexo desta mensaxe. Unha fotografía dunha manifestación pola lingua en Santiago que, en palabras de Callón, poderíamos titular como “o trunfo da esperanza”.
Este libro constitúe a última parte da triloxía ensaística que comezou Callón con En castellano no hay problema e Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Outra obra salientábel do autor é Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
Galegocalantes e galegofalantes apresentarase o próximo 2 de maio de novo en Santiago de Compostela e o 10 do mesmo mes na Coruña.”
Ourense: presentación de Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz
O
mércores 19 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Eixo (Rúa Cardenal Quevedo, 48), en Ourense, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Delfín Caseiro, X. Luís Álvarez e Manuel Bragado.





