Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Compostela: intervención sobre a novela A música dos seres vivos, de María Reimóndez
O
venres 10 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, terá lugar a intervención ao redor da novela A música dos seres vivos, de María Reimóndez, publicada por Xerais. No acto estará acompañada de Mercedes Peón.
Ferrol: lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga
A
sexta feira 10 de xuño, ás 19:30 horas, na Fundaçom Artábria (Travessa de Batalhons, 7), en Esteiro, Ferrol, terá lugar o lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, publicado por Através.
A Coruña: presentación do número 2 da revista Nocturnia Coruña Mutante
Neste número aparecen reseñas de obras de Eli Ríos e Xosé Duncan, entre outros/as. Aquí máis información sobre o Domus.
O Porriño: presentación de Galería de saldos, de Diego Giráldez
Vilalba: presentación de Valuria, de Xosé Otero Canto
Compostela: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
Compostela: proxección de Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María, de Lois Diéguez
A Coruña: presentación da novela Negruña, de Xosé Duncan
Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o martes 7
O
martes 7 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 20:00 h. Presentación de A boca do monte, de Celia Díaz, publicado por Editorial Galaxia. Participa, xunto á autora, Francisco Castro. Durante o acto intervirá o grupo musical As da Chispa.
– 20:00 h. José María Eguileta asina Dende Auria, na caseta da Deputación de Ourense.
– 21:00 h. Presentación de Silencio percutido, de Eva Veiga, gañadora do XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense, por Editorial Espiral Maior.





