A Coruña: contacontos arredor de Coller as rendas, de Yolanda Castaño

OYolanda Castaño sábado, 28 de febreiro, ás 18:00 horas, na Libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35, baixo) da Coruña, terá lugar o contacontos para pequen@s lector@s arredor do libro Coller as rendas, de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás, e publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora e ilustrador, Manuel Bragado.

Lalín: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor

OXosé Vázquez Pintor venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, no Museo de Lalín (Rúa Ramón María Aller, 9), preséntase Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Concellería de Cultura de Lalín, participan, xunto ao autor, Manuel Bragado e Marisa Vázquez.

Compostela: presentación de Amor en alpargatas, de Manuel Portas

OManuel Portas xoves, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, no Airas Nunes Café (Rúa do Vilar, 17) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Amor en alpargatas, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Dolores Vilavedra, Bieito Iglesias e Manuel Bragado.