Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“”A propia lingua é un personaxe do libro”. Diana Varela Puñal fálanos da segunda edición ampliada de Fin de Festa que publica Edicións Laiovento. Entre os novos contidos un glosario de cormelanismos e de topónimos do profesor Luís Giadás. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
Arquivo da categoría: Radio
Entrevista a Olalla Cociña sobre Vestir a noite no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O impacto dun cambio social acelerado. Unha linguaxe rota. Que facemos con esta herdanza? Olalla Cociña Lozano publica Vestir a noite, a obra coa que gañou o XIV Premio de poesía Afundación. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
Pilar García Negro recibe en Lugo a homenaxe A Escritora na súa Terra da AELG
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
““Eu sempre entendín que a actividade cultural e a política debían abrazarse”. Pilar García Negro recibe en Lugo a homenaxe A Escritora na súa Terra da Asociación Escritoras-es Lingua Galega. A profesora e ensaísta apunta respecto ao uso do galego que “Unha cousa é ser obxectivamente minoría e outra cousa é a aspiración a deixar de sérmolo”. Pode accederse á entrevista aquí.”
Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar
Desde Xerais:
“No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos Negro e María Solar despois de ler Penúltimas tendencias, Masculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas:
Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.
O audio da entrevista radiofónica pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”
Santiago Logo, Manuel Lourenzo González e María Canosa gañan os premios Xerais
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Santiago Logo, Manuel Lourenzo González e María Canosa gañan os premios Xerais. Pode accederse ás entrevistas aquí.”
Entrevista a Xabier Paz sobre Aníbal e a Pintora
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Xabier Paz achéganos a Artemisia Gentileschi na novela Aníbal e a Pintora. Pode accederse á entrevista aquí.”
Entrevista a Isaac Xubín sobre A cadencia da fractura
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Isaac Xubín publica en Xerais A cadencia da fractura, premio Manuel Lueiro Rey de poesía. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista a María Solar sobre Os nenos da varíola
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“María Solar recrea os días previos á Real Expedición Filantrópica da Vacina na novela Os nenos da varíola. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Diálogos Carlos Casares: Víctor Freixanes
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Diálogos Carlos Casares: Víctor Freixanes. Pode escoitarse aquí.”
A II Gala do Libro Galego no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega (foto de Alba Sotelo):
“O sector do libro reclama o desenvolvemento da Lei do libro e a lectura na II Gala do Libro Galego. Coñecemos premiados. Pode escoitarse aquí.”
