Radiocrítica do 04-08-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 4 de agosto en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López sobre Escrito en cafetarías, de Miguel Anxo Murado (I, 1:00); Obra reunida, de Verónica Martínez Delgado (I, 6:30), Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres (II, 2:51) e As señoras cousas, de Helena Villar Janeiro (III, 00:24).”
Pódese escoitar na versión orixinal nestas tres ligazóns.

Radiocrítica do 21-07-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 21 de xullo en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López sobre Manual de fútbol, de Juan Tallón (I, 1:05); Columnas de papel 2, de Xosé Vázquez Pintor (II, 0:00); 3 x 3, editado por Antonio Gómez con poemas de Suso Díaz, Víctor Peña e Irene Albert (II, 4:06); Brinca Vai!, de Paco Nogueiras, ilustrado por David Pintor, con reprodución do tema A palabra ten vida (III).”
Pódese escoitar na versión orixinal nestas tres ligazóns.

Radiocrítica do 07-07-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 7 de xullo en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López sobre Tempo ordinario, de Paco Carro (I, 1:00); Valle-Inclán Lusófilo, de Rosário Mascato Rey (I, 8:40); Velaí vai o papaventos, de Celia Díaz Núñez (II, 0:50) e mais Camarada, eu só quería facer algo bonito, de Begoña Díez Sanz (II, 5:15).”


Radiocrítica do 23-06-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 23 de xuño en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva sobre A voz do vento, de Pemón Bouzas (I, 00:31); Trinta poemas de Álvaro Cunqueiro, en edición de María Camiño Noia Campos (II, 00:11); Quizais, de Delmiro Rocha (II, 4:30) e mais Pitusa Semifusa, de Olga Brañas (III, 00:33), con coda musical por remate.”



Radiocrítica do 09-06-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 9 de xuño en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva sobre Estrela do norte, de Luís Rei Núñez (I, 00:47); Onde viven os monstros, de Maurice Sendak en tradución de Xosé Manuel González (I, 6:27), Contos peregrinos, de Pedro Miguel Rocha (I, 11:50 e II, 0:00) e a Poesía galega, de Eloy Luis André en edición de César Camoira Vega (II, 5:30).”

Agustín Fernández Paz: “A medida que vou cumprindo anos máis convencido estou de que nesta vida o único que importa é o amor”

Entrevista a Agustín Fernández Paz en Onda Cero Radio:
“Como o protagonista da súa última novela, Agustín Fernández Paz tamén confesa que os afectos e o amor son o único que importa nesta vida na que perdemos moito tempo “no metal”. Pero a diferencia de Agustín, o protagonista da novela [A viaxe de Gagarin] -Miguel Mendiguren- chega a esta reflexión demasiado tarde, cando tan só lle queda doerse polos anos perdidos. Viaxamos á Coruña franquista dos anos 60 a través das lembranzas de Miguel cando se cumpren 50 anos da viaxe de Iuri Gagarin ao espazo exterior. Unha viaxe motivada non só pola nostalxia, senon pola necesidade de honrar a memoria do pai perdido e da nai a piques de falecer.”

A Coruña: Xosé Ramón Freixeiro Mato no programa Recendo, en CUAC FM

O martes 13 de maio, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, estará como convidado Xosé Ramón Freixeiro Mato, que falará sobre o seu libro Estilística da lingua galega, entre outros apartados. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.