Questionário fou(cinha): Verónica Martínez Delgado

Entrevista a Verónica Martínez Delgado na Sega:
“(…) – A Sega (S): Escribes para mulleres, sobre “temas de mulleres” ou a crítica falou da túa obra como “literatura feminina”?
– Verónica Martínez Delgado (VMD): Escribo para mulleres e sobre temas de mulleres. Que outra cousa podería facer se son muller? Acaso hai algo máis arredor do que escribir sendo muller? (retranquísima on).
A crítica, feita maioritariamente por homes, como era de agardar, non entendeu ren. Comentaron que era «literatura feminina» ou que nin a literatura chegaba; iso si, houbo tamén que usou cualificativos como feminazi, ou que todo era moi «fem» ou «moi extremista». En fin, o habitual. (…)
– S: Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti?
– VMD: Sempre que me preguntaron polOs meus referentes, eses que estudamos, porque non había mulleres cuxa obra se incluíse na educación formal. Así que tiven que ilas descubrindo pola miña conta ou coa axuda de compañeiras que andaban na mesma procura. Por sorte para min, tiven a oportunidade de coñecer a moitas delas en persoa. Dende entón, cando me preguntan polOs meus referentes, explico cales son esAs autorAs de referencia para min.
– S: Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?
– VMD: Moitas, e ata me hospedei nun hostal que se chama deste xeito por aquilo de seguir coa brincadeira. Entendo que ten que haber diversidade no uso da linguaxe e non todas falamos igual. Gusto de todas as diversidades, incluída a estupidez humana, daqueles que usan «poetisa de xeito consciente e despectivo». (…)”

Allariz: Festival Internacional de Poesía Poemagosto

Compostela: homenaxe a Moncho Valcarce