Xa está disponíbel o número 30 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
Arquivo da categoría: Sociedade
Publicado o nº 32 da revista ATENEA do Ateneo Ferrolán
Xa está na rúa o número 32 da revista ATENEA, do Ateneo Ferrolán.
Faleceu o poeta Ramiro Fonte
Este fin de semana coñecemos a infeliz noticia do pasamento de Ramiro Fonte. Pola exhaustividade na recollida, trasladamos a esta a axenda as referencias xurdidas na Rede e compiladas no blogue Brétemas por Manuel Bragado, a quen agradecemos o xesto:
- Ramón Loureiro: «Un creador para a eternidade», «Última entrevista», La Voz de Galicia.
- Ágatha de Santos: «Morre o poeta galego Ramiro Fonte», Faro de Vigo.
- A.R. López: «Unha icona da Xeración dos 80», «Adeus Norte», Galicia hoxe.
- Fran P. Lorenzo: «A poesía perde a Ramiro Fonte», El Correo Gallego.
- X. A. Perozo: «Ramiro», Galicia hoxe.
- La Opinión da Coruña.
- Daniel Salgado, «Fallece con 51 años el poeta Ramiro Fonte», El País de Galicia.
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Poeta máximo», La Voz de Galicia (edición impresa).
- Suso de Toro: Obituario, El País.
- Miguel García Posada: Obituario, ABC.
- Anxo Lugilde: Obituario, La Vanguardia (edición impresa).
- El Universal (México).
- O levantador de minas.
- Cabrafanada.
- Ferradura en tránsito.
- Lándoa: «Pepe Cáccamo escribe a Ramiro Fonte», «Traxectoria poética de Ramiro Fonte» e «Abrir lectores lendo».
- Antón Castro (Zaragoza).
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Ramiro», Galicia hoxe.
- Galicia hoxe (13-10-2008).
(Brétemas)
A todos os amigos de Anxo Rey Ballesteros
Un grupo de persoas ligadas a “Café Voltaire”, tertulia viguesa da que forma parte o noso amigo Anxo Rey Ballesteros, vanse reunir para desexarlle unha pronta recuperación da súa enfermidade. Nese acto, brindarase á súa saude, leranse fragmentos da súa obra e falarase da súa significación na literatura galega recente. Invitamos ao seus amigos de toda Galicia a compartir con nós eses momentos -e, eventualmente, a ler algún texto ou lembrar dalgún modo ao amigo enfermo-acudindo a Vigo o Venres 17 de Octubro, ás 20´30 no Central Pork, en Via Norte 40 (xunto á estación de ferrocarril). Rogámosvos que fagades extensiva esta convocatoria á xente que vos pareza oportuno. (Fundación Carlos Casares)
A Coruña: conferencia de Camilo Nogueira
O día 8 de outubro a Agrupaçom Cultural O Facho organiza a palestra de Camilo Nogueira “Galiza e a Uniom Europeia no momento da crise”, dentro do ciclo “Repensar Galiza”. O conferencista vem de publicar em Galáxia dous livros sobre a temática: Europa. O Continente Pensado e Galiza na Unión. A Porta Atlántica.
Será ás 20:00 na Fundaçom Caixa Galicia (Cantom Grande – A Corunha). (AC O Facho).
XVI Xornadas Mar por Medio – Galiza e Portugal
«Portugal foi sempre para a Galiza e para o galeguismo unha especie de ferida aberta, de Galiza do sul que medra, sae ao mar e nos deita no espello dos séculos a imaxe do que puidemos ser nas reviravoltas da historia.
Mais hoxe as cousas comezan a mudar. No galeguismo político e cultural avanza o pragmatismo e a ollada cultural mantense pero tamén dá paso a novas realidades: o espazo da euro-rexión que conformamos co norte de Portugal, as posibilidades económicas que abre para as empresas de ambas as beiras do Miño ou o achegamento real que supuxeron as novas insfraestruturas viarias son realidades ben máis actuais e interesantes do que os debates repetidos que rematan sempre en vía morta.
Mar por Medio quere ser, nese sentido, unha ferramenta útil na análise de en que medida o achegamento entre os nosos dous países é realmente posíbel no campo das industrias da cultura e da comunicación. Debatámolo, falémolo, marquemos prioridades… e despois, pasemos das palabras aos feitos. […]» (Mar por Medio)
Steiner pide desculpas publicamente
Hoxe o xornal El País recolle as desculpas de George Steiner do seguinte modo:
«Ante la avalancha de críticas que suscitó la entrevista que concedió George Steiner a El País Semanal el 24 de agosto, el filósofo envió un correo electrónico a EL PAÍS para que fuera remitido al Pen Club gallego; en el correo Steiner dice: “Como demuestra mi libro Después de Babel soy un apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias. Mi comentario irreflexivo fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España. Pido mis más sinceras disculpas”».
É preciso lembrar que o 28 de agosto foi publicado en El País un comunicado conxunto sobre o asunto por parte da AELG, o Pen Clube de Galicia e a Mesa pola normalización lingüística.
A Mesa propón que a ONU recoñeza a Declaración de Dereitos Lingüísticos
«[…] O presidente da Mesa, Carlos Callón, explicou que esta iniciativa se inscribe nos obxectivos da Axencia Europea de Linguas Minorizadas (EBLUL), que agrupa a diversas asociacións continentais.
[…] Callón, representante en España da Axencia Europea, advertiu de que hai un repunte da “xenofobia interna” nos países con idiomas minoritarios, segundo os expertos desa organización. Neste sentido, criticou o “discurso feroz” dalgúns “grupos de poder” contra as linguas cooficiais como o galego, o catalán e o eúscaro e acusou de “racismo lingüístico” a algúns medios de comunicación e ao Partido Popular.
Por iso, asegurou que A Mesa continuará denunciando a “vulneración” dos dereitos lingüísticos ante organismos internacionais. Ao fío diso, considerou que en Galicia se vulneran estes dereitos de forma “ostensible” e que así o recoñeceu o Consello de Europa en diversos informes, dixo.
Callón sinalou que na Comunidade galega incúmprese a Carta de Linguas Minoritarias e a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos nos ámbitos do ensino, a administración, a xustiza e na deficiencia de relacións culturais con Portugal.» (Galiciae)
Caso Steiner: duras palabras contra o Pen Clube desde El País
«[…] O director de Relacións Institucionais do Grupo Prisa, Basilio Baltasar, asina un escrito nas páxinas de opinón que leva por título “O furor intransixente dos clérigos”. No mesmo tilda os escritores do club galego de “reaccionarios antiilustrados”. […]» (Vieiros)
Bos Aires: VI encontro Cousas de Mulleres
A asociación Herbas de Prata comprácese en convidala-o ao seu sexto encontro dos obradoiros Cousas de Mulleres o vindeiro sábado día 20 de setembro ás 16,00 na ABC del Partido de Corcubión.
Seguiremos traballando para abrir un espazo para a voz das mulleres, un sitio no que elas sexan escoitadas e teñan a liberdade de falar de todo canto viven, pensan e sinten. O encontro será o sábado 20 de setembro ás 16:00 na rúa Venezuela 2164 da cidade de Bos Aires. Confirmar presencia ao (5411) 4381-0424 ou por correo a herbasdeprata@gmail.com. (Herbas de prata)