Entrevista
a Carlos Labraña en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Cando se fala da desconexión do público co teatro, non se formula se realmente se fai algo para crear esa conexión.
Carlos Labraña (CL): Xustamente son os espectáculos dirixidos aos nenos os que non teñen problemas. De feito, medraron bastante nestes anos as compañías profesionais que fan espectáculos para nenos e teñen moitas funcións. Se os cativos van ao teatro dende nenos, despois van a seguir indo. Iso si, aos pequenos teslles que ofrecer calidade porque os nenos non son os maiores: se algo non lles gusta, non lles gusta.
GH: Que é o teatro para os nenos?
CL: En principio, para eles é un xogo. O que máis lles gusta é disfrazarse e converterse nun superheroe, ou nun personaxe de acción.
GH: O libro publicarase en Embora. É unha forma de visibilidade?
CL: Eu que levo vinte anos publicando teatro infantil, aínda así sigo tendo problemas para publicala. É moi complicado editar. Agora, tiña dúas obras comprometidas e paráronse. O que primeiro que se sacrifica son as coleccións de teatro. Moitas veces, hai que acudir aos premios. Dígocho eu pero tamén cho pode dicir Manuel Lourenzo. Se non é cun premio, é difícil que unha editorial che publique un libro así.”
Arquivo da categoría: Teatro
A RGT leva o I premio Fegatea
Vigo: presentación de Alén, de Xaime Quintanilla e As criadas. O balcón, de Jean Genet
O
venres 10 de decembro, ás 11:30 h, na Sala de Xuntas da Escola Superior de Arte Dramática (Poza Cabalo, s/n.) de Vigo, Manuel F. Vieites, Víctor F. Freixanes e Anxo Lorenzo presentan publicamente Alén, de Xaime Quintanilla, e As criadas. O balcón, de Jean Genet, publicados en Galaxia.
A Coruña: presentación do libro A néboa amarela, de Rubén Ruibal
O venres
3 de decembro, a partir das 20:00 h., na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), da Coruña, Rubén Ruibal presenta o seu libro A néboa amarela, editado por Biblos, coa participación, ademais do propio autor, do editor Tucho Calvo e de César Candelas.
Vigo: mesa redonda A formación nas artes performativas en Galicia
O
xoves 25 de novembro, a partir das 19:00 h., no Verbum Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17) de Vigo, terá lugar a mesa redonda A formación nas artes performativas en Galicia, na que participan: Roberto Pascual, xefe de estudos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Nuria Tobío, xefa de estudos da Escola Audiovisual de Vigo; Mar Caldas, artista plástica e profesora da Facultade de Belas Artes, un representante da Asociación Profesional de Danza Escénica de Galicia; Salvador del Río, actor e profesor da Aula de Teatro do Campus de Vigo e Pontevedra, e Escola Municipal de Teatro de Cangas; e Gema Pérez García, da Central Folque, AFI e o laboratorio de Sons. A partir das 20:30 h. haberá unha nova sesión do Proxecto 6×6 punto de encontro coa palabra imaxe como eixe central da actuación.
Ferrol: presentación de Alén, de Xaime Quintanilla
O
venres 19 de novembro, ás 12:00 h., na sala de recepcións do Concello de Ferrol, preséntase a nova edición do libro Alén, de Xaime Quintanilla, publicado por Galaxia. No acto participan Mercedes Carbajales, concelleira de Cultura de Ferrol, Xosé M. Soutullo, e Manuel F. Vieites.
Rubén Ruibal e Gustavo Pernas: “Non lle damos medo ao poder”
Entrevista
a Rubén Ruibal e Gustavo Pernas en El País:
“El País: Que se pode facer?
Gustavo Pernas: Xuntármonos os diferentes sectores sería fundamental. Hai pouco, un enxeñeiro alemán falounos dos recurtes no seu país. Dicía que é doado rebaixar na cultura porque noutros sectores hai lobbies que amalgaman a xente, pero a cultura está individualizada entre creadores e pequenos colectivos. Non hai nada que lle dea medo ao poder. E o noso esparexemento, a falta dun tecido cultural, é maior.
Rubén Ruibal: Eu en dúas tardes que botei na feira do libro da Coruña vino ben. Chega a tal extremo a separación entre xéneros que primeiro entraron os novelistas á presentación dunha novela; saíron os novelistas e entraron os poetas, e ao final entraron os coruñesistas que non len novela nin poesía. Iso é así.”
Cándido Pazó estrea unha obra sobre o Balbino de Xosé Neira Vilas
El País: “O teatro invisíbel”
Reportaxe de Daniel Salgado en El País.
Santiago: presentación de Pressing Catch, de Paula Carballeira
O
martes 19 de outubro, ás 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Pressing Catch, de Paula Carballeira, publicado en Edicións Positivas. No acto participa, coa autora, Paco Macías. O texto teatral xa foi levado á escena baixo a dirección de Quico Cadaval. Chiqui Pereira, Hugo Torres, Anabel Gago e a propia Paula Carballeira interpretaban os catro papeis protagonistas nun espectáculo que se estreou na Sala Nasa o pasado marzo e que se puido ver durante setembro en Vigo.