O
mércores 16 de marzo, ás 20:00 h., no Casino de Santiago, o escritor italiano Sandro Veronesi presenta a edición galega da súa novela Caos calmo, publicada en Galaxia, e que foi Premio Novela Europea Casino de Santiago no 2009. Crónica posterior en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Arquivo da categoría: Tradución
Indignádevos!, de Stéphane Hessel, traducida ao galego
Indignádevos!, o
opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que está publicado nunha vintena de linguas, pódese ler en galego coa edición que Faktoría K deu a luz nos primeiros días de marzo. Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus rexos 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de foi feita por Fernando Moreiras.
Vigo: sinatura de libros de Manuel Rivas, e tradución ao inglés e francés de Todo é silencio
O
xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, o escritor Manuel Rivas asinará exemplares de Todo é silencio e de todos os seus libros. Por outra banda, anúnciase a tradución da súa última obra ao inglés e francés.
A Universidade de Santiago edita A galaxia Gutenberg de MacLuhan
A Coruña: presentación de O Soldadiño de Chumbo
O
sábado 12 de febreiro ás 12:00 h., no CGAI (Rúa Durán Loriga, baixo) da Coruña, preséntase o clásico de Hans Christian Andersen, O Soldadiño de Chumbo, publicado por Galaxia, e que vén acompañado do DVD coa película producida por Continental, do que tamén se preparou unha unha aplicación para iPad. No acto intervirán Tomás Conde e Virginia Curiá, directores da película, e o editor do libro, Francisco Castro. Visionarase a película e os asistentes poderán experimentar coa aplicación do conto para iPad.
Jan estivo alí, de Xosé Antón Neira Cruz, sae en coreano
Darío Xohán Cabana devólvelle a vida á poesía da Occitania
El Patito edita en galego a nova obra de Jack Mircala
Publicada Kriseiluaren argipean, Á lus do candil en éuscaro
(Galaxia)
Xesús González Gómez: “Traducións ao castelán no tempo dos bárbaros”
Traballo
de Xesús González Gómez, en que “Propón un borrador de historia das traducións de libros galegos ao castelán despois da Guerra do 36 até o asentamento definitivo da democracia. Editoriais que quixeron dar a coñecer o escrito na nosa lingua nun tempo no que se consideraba bárbaro incluso falala.”, publicado en A Nosa Terra.