Será o 5 de xuño ás 12:00 na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura (Edificio San Caetano, Santiago).
«Coeditada por Xerais e Galaxia, co apoio da Consellaría de Cultura e Turismo, na primeira quincena de xuño, chegará ás librerías o volume Anthology of Galician Literature 1196-1981, preparada por Jonathan Dunne e que recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía.
No acto participarán Roberto Varela (Conselleiro de Cultura e Turismo), Víctor F. Freixanes (Director Xeral de Galaxia) e Manuel Bragado (Director Xeral de Xerais). Literatura de tradición oral, literatura dramática, ensaio, poesía e narrativa de ficción son os xéneros neste volume recollidos e que servirá de carta de presentación da literatura de nós diante do mundo anglosaxón. Un fito para a edición galego.» (Edicións Xerais de Galicia)
«Un ano máis, está a ter lugar en Eslovenia un obradoiro de tradución poética que reune –dende o pasado sábado 29 e durante unha semana- a 7 poetas chegados de linguas e tradicións literarias ben diferentes co obxectivo de compartir un traballo presencial e conxunto de tradución das súas obras ás linguas representadas. Organizado polo “Centro para a Literatura Eslovena” e coa colaboración doutras entidades do país, cada ano un fío conductor agrupa aos convidados, que nesta ocasión reunirán linguas dun elevadísimo número de falantes xunta outras minorizadas. Así, traducirán os textos do resto de compañeiros os poetas Antoine Cassar para o maltés, Xi Chuan para o chinés, a india Mamta Sagar para a lingua canaresa, Stanislav Lvovsky para o ruso, Veronika Dintinjana para o esloveno, para o xaponés Yasuhiro Yotsumoto e para o galego 

