O mércores 13 de outubro, ás 20:00 h., no Centro Social Caixanova de Vigo, Jonathan Dunne dará unha conferencia sobre a tradución, titulada O ADN da lingua inglesa, nun acto organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) e a Asociación de Tradutores Galegos (ATG). Haberá música do grupo Kibitka.
Arquivo da categoría: Tradución
Frankfurt: presentación da Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, na Feira do Libro
O venres 8 de outubro, ás 13:00 h., no stand da AGE (Pavillón 5.1. Stand C945) dentro da Feira do Libro de Frankfurt, preséntase a Antoloxía da literatura galega, 1196-1981, de Jonathan Dunne, publicado por Galaxia.
Tui: presentación de Randea do alento, de Herta Müller, traducida ao galego por Marga do Val
O martes 5 de outubro, a partir das 20:00 h., preséntase na Biblioteca Municipal de Tui a tradución ao galego da última novela da Premio Nobel alemana Herta Müller, Randea do alento, obra de Marga do Val, publicada recentemente en Xerais. No acto participará a propia tradutora, María Xosé Queizán, e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en Filoloxía xermánica.
A tradución ao galego de Reckless, de Cornelia Funke, participará simultaneamente no lanzamento internacional da obra
O vindeiro 14 de setembro de 2010 aparecerá nas librarías de Alemaña, os Estados Unidos e Reino Unido as edicións alemá e inglesa da novela Reckless. Carne de pedra, a primeira entrega da triloxía de Cornelia Funke, cunha tirada entre as dúas dun millón de exemplares. O mesmo día aparecerán, tamén, as edicións francesa, castelá, catalana e a galega, traducida por María Xesús Bello Rivas e publicada por Xerais, sendo a primeira vez en que a nosa lingua se incorpora a un lanzamento literario internacional deste tipo. Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña, 1958) é unha das autoras máis lidas no mundo. Coñecida como a «Rowling alemá» e elixida pola revista Times como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca Tintenwelt (Mundo de Tinta).
As Médulas preseleccionada para traducila ao alemán
Eva Almazán: “Paul Auster ten voz de muller”
Entrevista a Eva Almazán no Xornal de Galicia.
Santiago: presentación da tradución de O home que era Xoves, de G. K. Chesterton
Este martes 6 de xullo, ás 20:00 h., preséntase na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago a tradución da obra de Gabriel Keith Chesterton O home que era Xoves, feita por Marta Verán, publicada en 2.0 editora. No acto participan Xabier Cid e Antón Lado.
Éxito da tradución de Made in Galiza, de Séchu Sende, no Curdistán
A Coruña: presentación de Desaprenda a falar galego en 15 días, de Henrique Harguindey
O martes 29 de xuño, ás 20:30 horas, preséntase na Libraría Couceiro (Praza do Libro) da Coruña, o libro Desaprenda a falar galego en 15 días cos erros dun tradutor automático, de Henrique Harguindey Banet, publicado por Laiovento. No acto participarán o propio autor e Francisco Pillado.