“Hai
11 anos a asociación Espazo Lectura de Gondomar botaba a andar os clubs de lectura Sete Vidas, de narrativa, e Lecturas Debuxadas, de cómic, o que supuxo ofrecer por primeira vez na vila actividades semanais centradas en compartir impresións arredor da lectura de determinados libros recomendados.
Esta semana, ambos clubs celebran as sesións número 100, o que supón 100 títulos lidos en cada un dos clubs e cerca dun cento de escritores/as ou ilustradores/as que visitaron Gondomar e participaron nestas actividades. A sesión número 100 do Lecturas Debuxadas tivo lugar o martes 10 de decembro, e a do club Sete Vidas terá lugar na Casa da Lectura o xoves 12 de decembro a partir das 20:00 horas. Nesta sesión especial comentarase a novela Vivir na fin do mundo, da escritora Christina Lilliestierna.
Ao longo desta semana Espazo Lectura organiza outras actividades habituais do seu calendario: o venres 13 ás 18:00 horas, na Casa da Lectura, ten lugar o encontro para bebés e familias Contos en Cueiros, para o cal é necesaria incrición previa. O sábado hai dobre oferta na Casa da Lectura: ás 12:00 horas comeza o club Lendo Contigo para nenos e nenas a partir de 7 anos, e ás 20:00 horas é a quenda do Comando Le, club destinado a rapaces e rapazas a partir de 12 anos.
Por outra banda, o luns 16 de decembro ás 18:00 horas celébrase na Libraría Libraida de Gondomar o Contomar, contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Todas estas actividades son abertas ao público e gratuítas.”
Compostela: presentación de Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación
Vídeo da presentación dun novo número da revista Kallaikia en outubro de 2019
Vigo: XXII Certame Internacional de Regueifas
Vigo: PoemaRia outono 2019
Rianxo: presentación de O derradeiro decembro infinito, de Xosé Duncan
Ourense: presentación de Corte e confección, de Celia Díaz Núñez
A Coruña: presentación de A síndrome de Hayworth, de Natalia Alonso Ramos
O
13 de decembro, ás 19:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase A síndrome de Hayworth, de Natalia Alonso Ramos, obra gañadora do Premio de Poesía O Facho 2019, publicada por Medulia Editorial. No mesmo acto haberá un recital poético de varios textos do libro.







