Desde Cultura Galega:
“A Federación de Gremios de Editores de España acaba de facer público o seu informe Comercio interior del libro en España correspondente ao ano 2013. Os datos sinalan que en Galicia continúa a minguar o número de obras editadas por empresas, que no período estudado diminuíu un 10,9 por cento a respecto de 2012. Segundo recolle Manuel Bragado, director de Edicións Xerais no seu blog Brétemas e mais en Galicia Confidencial, en 2013 os membros da Asociación Galega de Editores publicaron 1.682 títulos, fronte aos 1.888 de 2012. Dos mesmos, 1346 foron en galego, 315 en castelán e 21 noutras linguas. A sumar os libros editados por eles e os de editores foráneos saíron na nosa lingua 1747 títulos en 2013 fronte aos 1848 do ano anterior.
Baixa tamén o número de exemplares impresos, aínda que de xeito paradoxal, en menor medida do que os títulos editados, o que revela un certo incremento na tiraxe media de cada obra, que pasou dos 1.285 exemplares por título de 2012 aos 1.352 de 2013.
Na súa análise, Bragado apunta tamén que se mantén a importante dependencia do sector editorial galego das obras de Literatura, Texto e Literatura Infantil e Xuvenil, considerados polo editora como vencellados ao consumo en centros de ensino. Segundo sinala, “o número dos publicados en 2013 destes tres xéneros «paraescolares» (1.120) representa o 85,7%, mentres que o número de exemplares producidos (1.564.000) o 87,26 % do total, supoñendo a súa facturación (18,40 millóns de euros) o 89,8 % do mercado”.
Crónica videográfica do IX Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, Como escribir o futuro?, Narrativa
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, achegaron á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras sobre este tema, alén de nos daren un panorama subxectivo de como ven a situación de cadanseu xénero na actualidade.
O IX Ciclo de mesas redondas Escritoræs na Universidade: Como escribir o futuro? abriuse en Vigo o 17 de setembro co protagonismo da Narrativa, co seguinte programa: Ficción ou dicción? Como escribir unha verdadeira novela contemporánea?, coa participación de Ledicia Costas e Manuel Portas, nun acto aberto coas intervencións de Valentín García, Rexina Vega, Burghard Baltrusche e Marta García González.
Esta á e crónica videográfica do acto, onde se poden ver as seguintes intervencións:
– Sesión inaugural do ciclo. Con Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística, Rexina Vega, vogal da AELG, Marta García González, vicedecana e Burghard Baltrusch, director do Departamento de Galego.
– Presentación do Ciclo e da mesa redonda de Narrativa. Con Rexina Vega.
– Mesa de Narrativa: Primeira intervención de Ledicia Costas.
– Mesa de Narrativa: Primeira intervención de Manuel Portas.
– Mesa de Narrativa: Segunda intervención de Ledicia Costas.
– Mesa de Narrativa: Segunda intervención de Manuel Portas.
– Mesa de Narrativa: Terceira intervención de Ledicia Costas.
– Mesa de Narrativa: Terceira intervención de Manuel Portas.
Vigo: presentación de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas
O venres 24 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preśentase Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Helena Pérez e Antonio García Teijeiro.
Gondomar: presentación de Poemas da Mariña, de Miguel Anxo Mouriño
Muxía: Tempo escuro, recital con poesía e música
A Coruña: espectáculo de poesía e música Aldao-Lado
Compostela: Olladas sobre o Museo. Literatura de cordel
A Estrada: presentación da correspondencia entre Ben Cho Shey e Manuel García Barros
Compostela: Pablo Cayuela + Xoán Viñas e Ramiro Ledo no ciclo Escrita(s) 2014
O venres 24 de outubro, entre as 19:00 e as 22:00 horas, en Almáci(gas) (Travesa de Basquiños, 14) de Santiago de Compostela, terán lugar as dúas últimas conferencias no ciclo Escrita(s) 2014, baixo o título Pode falar o subalterno ou certo grao de cólera contra a narrativización imperialista da historia, dirixido por Claudio Pato.
Nesta ocasión, Pablo Cayuela e Xoán Viñas falarán sobre O Pasatempo. Leccións de cousas, e Ramiro Ledo sobre Nunca máis.