Pontevedra: presentación de Flash-Black 13, de Ramón Caride
O
sábado 7 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), preséntase Flash-Black 13, de Ramón Caride, publicado por Urco Editora.
A Coruña: Poesías, rimas e cancións, con Yolanda Castaño, na Biblioteca González Garcés
O
sábado 7 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), terá lugar unha actividade para nenas e nenos maiores de 3 anos, coa presenza de Yolanda Castaño, arredor de Poesías, rimas e cancións.
Muxía: contacontos Contos do mar
Compostela: conferencia A cortiza e áncora, por Bernardo Atxaga , e coloquio posterior con Henrique Alvarellos, Xosé A. López Silva e Ramón Nicolás
A Coruña: presentación de As Crónicas de Bran. III. O Solpor dos Deuses, de Xosé Duncan
Compostela: Rimando e xogando, por Ana Hermida, actividade con textos poéticos galegos
Como adianto do Día Mundial da Poesía terá lugar esta actividade, dirixida ao público infantil, onde se recitarán poemas de Manuel María, Antonio García Teijeiro, Helena Villar, Xesús Rábade Paredes, Anisia Miranda, etc., xunto a outras actividades.
Cambados: presentación de Flash-Black 13, de Ramón Caride
Sada: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
venres 6 de marzo, ás 20:00 horas, na Capela de San Roque en Sada, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, nun acto organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, que contará coa presenza do propio autor.
Compostela: No lugar do lugar, con Estevo Creus e Pablo Seoane
O
venres 6 de marzo, ás 21:30 horas, na Casa das Crechas (Vía Sacra, 3), en Santiago de Compostela, terá lugar un espectáculo-acción de improvisación músico-poética en formato de site specific. Nel conxúgase a palabra, a música e o corpo como elementos en constante diálogo co entorno físico onde se desenvolve, configurándose en evento unitario e único na súa realización. Nunca repetible. Participan Estevo Creus e Pablo Seoane, contando tamén coa intervención das lámpadas de Mauro Trastoy. O prezo é de 3 euros.




