O
venres 12 de novembro, a partir das 18:30 h., no Centro Galego Alborada de La Llagosta (Barcelona), inauguración da Biblioteca Basilio Losada. A continuación actuará a cantante María do Ceo.
A Coruña: conferencia sobre Israel-Palestina, a cargo de Lois Diéguez
O
venres 12 de novembro, a partir das 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, terá lugar unha conferencia, ilustrada de imaxes, sobre Israel-Palestina: o pasado, a situación hoxe, visión persoal do escritor Lois Dieguez, a raíz da última viaxe realizada por un grupo do colectivo de Amigos dos Museos de Galicia.
Luis Rei recibe o I Premio Ramón Cabanillas
A cultura como dereito
A Coruña: conferencia e presentación de Decrescimento, crise, capitalismo, de Carlos Taibo
O mércores 10 de novembro, a partir das 18:00 h., no salón de Graos da Faculdade de Ciencias de Educación da Coruña, preséntase o libro Decrescimento, crise e capitalismo, do profesor e ensaísta Carlos Taibo, publicado por Estaleiro Editora. O acto contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola integrante de Estaleiro Editora e tamén profesora Iria Sobrino.
Santiago: presentación de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz
O xoves
11 de novembro preséntase na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (rúa San Francisco, s/n.), a partir das 20:00 h., o libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Xosé María Fraga, Manuel Sánchez Salorio, Dolores Vilavedra e Manuel Bragado.
A Coruña: presentación de Prenderei a lareira, de Vicente Reboleiro
O xoves 11 de novembro, a partir das 20:30 h., na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro de poemas Prenderei a lareira, publicado por Baía Edicións. No acto, acompañando ao autor, participa Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Santiago: IV Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización
O
mércores 24 de novembro, a partir das 19:00 h., terá lugar no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela a IV Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, organizada polo Servizo de Asesoramento Lingüístico desta entida, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O número de prazas é de 100, e a inscrición pódese facer de balde através deste enlace. Nesta edición a xornada incorpora o formato de mesa redonda, baixo o título A posta en valor do galego na xustiza: claves e desafíos. Participan: Anxo Lorenzo Suárez (secretario xeral de Política Lingüística), Juan J. Martín Álvarez (director xeral de Xustiza), Fernando Fernández Leiceaga (maxistrado do TSXG), Xoán A. Pérez Lema (avogado) e Manuel González González (membro da RAG). Modera: Evaristo Nogueira Pol (decano do colexio de avogados).
Muíño do Rañego, Vilalba: Nun lugar dos soños, homenaxe a Darío Xohán Cabana
O sábado 13 de novembro, a partir das 12:00 h., no Muíño do Rañego de Vilalba, terá lugar a edición do 2010 de Nun lugar dos soños, coa que a Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María homenaxean a figura de Darío Xohán Cabana. Haberá unha táboa redonda coa participación de Xosé Luís Calvo Vidal, Marica Campo, Paco Martín, Yago Rodríguez Yáñez e Xulio Xiz, seguida pola colocación do quinto hectómetro literario no Paseo dos Soños, finalizando cun xantar de irmandade en A Nova Ruta de Vilalba e a posterior actuación musical. Quen queira apuntarse aos actos de homenaxe poden facelo no teléfono 646-413890.
Vilaboa, Culleredo: presentación de Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane
O mércores 10 de novembro, ás 20:00 h, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra, en Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), no marco do III Outono das Letras organizado polo Concello de Culleredo, preséntase o libro Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Celestino Poza e Miguel Anxo Fernán-Vello.