Santiago: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
martes 9 de novembro, ás 20:00 h., no local da Asociación Cultural O Galo (San Miguel dos Agros, 5, baixo, na esquina coa praza de San Martiño Pinario), de Santiago, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan Uxía Senlle, Carlos Valcárcel e o propio autor.
Repercusións nos medios do V Encontro de Escritores/as Novos/as ante vellas preocupacións
Falece Herminio Barreiro
(Galicia Hoxe, Xornal, Xerais, Galicia Hoxe). Artigo posterior en Galicia Hoxe.
Santiago: Inma López Silva recolle o Premio San Clemente
O
martes 9 de novembro, a partir das 19:00., no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Inma López Silva recolle o Premio San Clemente concedido pola súa novela Memoria de cidades sen luz, publicada en Galaxia.
Presentación de Made in Galiza, de Sechu Sende, en Istambul
(Galaxia)
O inspector Leo Caldas pasa da novela ao cine con Gerardo Herrero
(Galiciaé)
Yago Rodríguez Yáñez nega que Pardo Bazán rexeitase escribir en galego
Helena Villar Janeiro: “Co galego todos temos que asumir as nosas propias responsabilidades”
Entrevista
a Helena Villar Janeiro en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Onde te sentes máis a gusto: na poesía ou no ensaio…?
Helena Villar (HV): O medio máis natural da miña expresión literaria é a poesía. A narrativa interésame moito como reto, porque a considero máis difícil. Teño en proxecto unha novela, pero non atopo o tempo de desenvolvela nin a tranquilidade de ánimo para me sentar a escribir sen ser absorbida por asuntos que entorpecen o difícil proceso arquitectónico da súa construción. Como lectora, admiro moito o ensaio, que me parece un xénero tan difícil de construír como interesante. Tamén me gusta o artigo xornalístico, que me obriga a estar pendente do acontecer diario e me permite expresarme con estilo literario. Crea unha especie de obrigatoriedade a prazo, pero unha vez que se empeza a escribir é moi difícil de abandonar.
GH: Hai algún libro teu polo que sintas especial agarimo?
HV: Sinto especial cariño por uns poucos e por moi variadas razóns. Gárdolles unha querencia moi especial aos libros que escribín con Xesús Rábade Paredes, o meu home, nos inicios do noso casamento, que daquela me deron tantos sensabores porque a xente pensaba que era el quen os escribía e mos deixaba asinar. Tamén hai motivos para lles ter moito apego ás cancións, aos poemas e aos contos creados para María do Cebreiro e Abelardo cando non había nada no mercado e tiñamos que escribírllelos para os aproximar á nosa literatura e para lles dar ferramentas de adquisición de cultura na súa lingua. Festa do Corpo é un poemario erótico en diálogo con Poldros de música, de Xesús Rábade Paredes, polo que son dous libros con certa singularidade na nosa produción. Outros foron escritos en circunstancias tristes e o seu proceso está moi gravado na miña mente, pero non para lles querer menos, todo o contrario. Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno naceu canda a frustración dun terceiro embarazo que quixo quedar polo camiño. Recordo aquel orixinal esborranchado polas bágoas e, dalgunha maneira, facelo foi unha gran liberación daquela dor.