O
martes 25 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, publicado por Xerais, no que participan, alén del, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema. No acto acompañarán aos autores Jorge Mira e Manuel Bragado.
A Coruña: Marinhas del Valle e a lusofonia na sua obra poética, conferencia de António Gil Hernández
O martes
25 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre, o ensaísta e profesor António Gil Hernández falará, dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación da A. C. O Facho, sobre Marinhas del Valle e a lusofonia na sua obra poética.
Vigo: conferencia Castelao e a Galiza do futuro, de Francisco Rodríguez
O martes 25 de Xaneiro, ás 20:00 h., na Casa Galega da Cultura (Praza da Constitución) de Vigo, Francisco Rodríguez pronunciará a conferencia Castelao e a Galiza do futuro, en conmemoración do 125 aniversario do nacemento de Castelao. O acto está organizado pola Asociación Cultural O Castro.
A Coruña: XII Conferencia Anual Plácido Castro
2011. Ano Xoán Manuel Pintos
Fervenzas Literarias. Máis información en Xornal, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, La Opinión e El País.
A lei da desorientación
Roteiros de Álvaro Cunqueiro
Mariña Pérez Rei: “A nosa cultura ten futuro a pesar de non ser apoiada por certos grupos sociais”
Antonio Gamoneda, nomeado Escritor Galego Universal pola AELG
A Asociación de Escritores en Lingua Galega destaca con este premio, que xa recibiron Mahmud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska e Juan Gelman, aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana. Antonio Gamoneda reúne unha altísima poesía e un insubornábel compromiso ético, para quen o individuo, e por tanto o poeta, se realiza na poesía como forma de coñecemento. Con motivo da entrega do premio, Antonio Gamoneda estará en Galicia en abril. O día 29 ofrecerá unha conferencia na cidade da Coruña e o 30 asistirá á Cea das Letras, organizada pola Asociación de Escritores.
Nacido en Oviedo en 1931, a obra de Gamoneda esténdese desde o 1960, con Sublevación inmóvil, até hoxe marcada por unha fonda pegada ética que gaña forza nun exemplo de coherencia e verdade poética. Premio Cervantes en 2006, reivindícase como pertencente á cultura da pobreza: o sufrimento social penetra na súa conciencia lingüística, conferíndolle unha linguaxe poética e semanticamente subversiva. Combina un poderoso dominio do idioma cunha permanente actualidade do seu mundo poético nacida da asunción da propia historia persoal e colectiva. O recoñecemento europeo e americano revélase na tradución da súa obra a distintas linguas. Foi tamén Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana en 2006 e Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía en 1988.
A nova aparece recollida en Cultura Galega, Xornal, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe e La Opinión.
Ourense: O ritmo da chuvia, conferencia de Francisco X. Fernández Naval
O
luns 24 de xaneiro, a partir das 20:15 h., no Liceo de Ourense, e dentro dos XXI Encontros Literarios desta entidade, Francisco X. Fernández Naval dará unha conferencia titulada O ritmo da chuvia.