Entrevista
a Anxos Sumai en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): A literatura para un escritor é ó tempo profesión e hobby?
Anxos Sumai (AS): Durante moito tempo non quería velo dunha forma profesional, pero agora si que me gustaría poder vivir de escribir. Nos últimos anos decateime de que lle teño que dedicar moitas horas ó traballo que me dá de comer, que me gusta moito pero que me quita moito tempo para escribir.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
AS: No meu caso sempre estou rodeada de libros. Non hai momento do día en que non acabe abrindo un libro pola razón que sexa, para gozalo, informarme, aprender un pouco máis… Para min é algo cotián.”
Marcos Calveiro: “Non podería escribir sen Twitter”
En Xornal.
A Coruña: máis valoracións sobre a Feira do Libro
A Feira do Libro da Coruña pecha con balance ‘positivo’
Elías Portela presentou Cos peitos desenchufados
Silvia Bardelás: “Alén da inmediatez”
Entrevista a Silvia Bardelás en Galicia Hoxe.
Suso de Toro: “Coñecería a Franco”
Entrevista
a Suso de Toro en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Cales son os seus plans?
Suso de Toro (SdT): Polo medio quedan cousas de toda unha vida profesional e tamén de presentacións do último libro. Xa rematei todo, quédanme flocos que teñen máis ben que ver coa vida persoal. Por exemplo, esta semana irei a Sanxenxo asinar libros, pero por algo que tiña prometido ó meu amigo Xaime, da librería Nós. Tamén irei presenta-lo libro á vila do meu pai. Meu pai xa non vive e algúns dos veciños que aparecen no libro tampouco, é un acto de gratitude a eles. (…)
GH: Ten algún proxecto en mente para a próxima temporada?
SdT: Xa non teño ningún proxecto literario nin doutro tipo. Deixeinos pechados no armario.”
Finalizado o prazo de recepción de orixinais do III Premio de Poesía Victoriano Taibo
Co
mesmo éxito que nas pasadas edicións rematou a recepción de orixinais para o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e tres obras, cifra similar á da primeira e segunda convocatoria. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nesta páxina e nos medios de comunicación. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro.
La Voz de Galicia: “Os editores reducirán un vinte por cento o número de títulos en galego”
Sarria: Xosé Antonio Pet Posse presentou a súa novela O náufrago
(El Progreso).