(Xornal)
Opinións sobre o Día das Letras 2011 dedicado a Lois Pereiro
Iolanda Zúñiga: “Os gobernantes teñen vergonza de ser quen son”
(Xornal)
Vigo: mesa redonda sobre The Jazz I Love (O jazz que amo). Os escritores tamén improvisan
Este mércores 30 de xuño, ás 20:00, no MARCO de Vigo, o crítico, novelista e músico Quinito López Mourelle, colaborador do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, convida o escritor Domingo Villar a falar sobre a súa relación co jazz. Domingo Villar (Vigo, 1971) non escribe de jazz, pero sen dúbida este impregna o seu libro Ollos de Auga (Galaxia, 2006), xa pola oitava edición, protagonizado polo detective vigués Leo Caldas, quen continúa as súas investigacións na recente A praia dos afogados (Galaxia, 2009). Quinito López Mourelle (Viveiro, 1968), crítico en xornais como La Opinión e publicacións especializadas como Cuadernos de Jazz, editou recentemente a súa última novela titulada Pimienta Negra (Ézaro, 2009), co jazz como fío condutor. Ambos compartirán co público as súas filias e fobias, explicando por que a improvisación musical se introduciu na súa narrativa. Máis información aquí.
A Xunta dixitalizará os fondos de catro fundacións galegas
(Xornal)
A Estrada: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
A Coruña: presentación do Dicionario Seoane e o DVD Luís Seoane: visualidade, recordo e síntese
O mércores 30 de xuño, ás 19:00, na Fundación Luís Seoane (San Francisco, s/n) da Coruña, preséntanse o Dicionario Seoane, con textos de Xosé Díaz, Antón Patiño, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane e Ramón Villares, e o DVD Luís Seoane: visualidade, recordo e síntese. Máis información aquí.
Aberto o prazo para a inscrición nas III Xornadas de Literatura Oral
III XORNADAS DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL
Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas
Salón de Actos da Deputación de Lugo
5 e 6 de novembro de 2010
___________
PROGRAMA
Venres, 5 de novembro
-17:00 h.- Inauguración
-17:10 h.- As narrativas sobre a morte na cultura tradicional galega: estratexias de posta en valor, por Marcial Gondar Portasany.
-18:10 h.-Da morte á Morte na cultura popular catalá, por Joan Soler i Amigó.
-De 19:10 a 20:00 h.- Mesa redonda: A morte pre-vista. Participan: Marcial Gondar Portasany e Joan Soler i Amigó. Modera: Antonio Reigosa.
Sábado, 6 de novembro
-10:30 h.- Representación da morte na narrativa oral, por Camiño Noia.
-11:30 h.-Ánimas, aparecidos e mortos en compaña na tradición galega, por Xoán Ramiro Cuba.
-De 12:30 a 13:30 h.- Mesa redonda: Mortos de ida e volta. Participan: Camiño Noia e Xoán Ramiro Cuba. Modera: Isidro Novo.
Coordinan: Isidro Novo e Antonio Reigosa.
Organiza: Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Patrocina: Área de Cultura, Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.
__________DIPLOMAS DE ASISTENCIA
Se está interesado/a en obter diploma acreditativo da súa asistencia debe inscribirse previamente a través do e-mail: oficina@aelg.org ou chamando ao teléfono 981 133 233 begin_of_the_skype_highlighting 981 133 233 end_of_the_skype_highlighting.
Máis información aquí.
Santiago: Lingua de Amor entregou os premios da súa IV edición
O sábado 26 de xuño o Consello da Xuventude de Galicia realizou o acto de entrega de premios do concurso de cancións e declaracións de amor en galego, Lingua de amor, que xa vai pola súa cuarta edición.
O obxectivo principal deste concurso é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas comunicacións a través da rede e nos espazos de lecer.
No acto, que tivo lugar na Biblioteca Pública Ánxel Casal, ás 12:00 h, as persoas gañadoras leron as declaracións e interpretaron as cancións en directo.
DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDE
Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Premio: De mesturar a túa suor coa miña colonia, Uxía Pérez González (Vigo)
“Poderíamos fusionarnos. os nosos corpos. quizais tamén as nosas mentes. os sábados pola noite serían de cervexa e discos. de ti espido no sofá. do meu pelo na alfombra. de sexo. de mesturar a túa suor coa miña colonia. imaxínonos comendo cereais algunhas mañás. contándonos os hematomas das mordeduras nacidas nas noites de insomnio. en silencio.”
2.º Premio: Necesidade, Hugo Eiroá Dayán (Burela)
“Se me faltas ti, e as ganas de comer, morro.”
3.º Premio: Querer con pronome, Jessica Amado Dosil (Outes)
“Cheísta de corazón, nunca sei se “che quero” ou “te quero”.
Eu, para asegurarme,
quéroche e quérote.
En tódalas variedades dialectais posibles, meu sol.”
Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Premio: Imposto (r), Alcira Otero Cruz (Miño)
“Solicito algo máis que un borrador, unha cita previa. Insisto por internet, por teléfono e ata na túa oficina. Síntome obrigada a declarar: ingreso alterada, reteño o medo, gasto saliva e deduzo desprezo. Só desexo IRPF, unha Íntima Relación, Por Favor!
Marca cun X o resultado:
A ingresar [ ] A devolver [ ]”
2.º Premio: Sábesme a g(h)loria, Antonio Iglesias Mira (Arteixo)
“Cuando nos bicamos
tu e eu
somos realmente bilingües.”
3.º Premio: Amoreando amores, Carme Otero Cruz (Santiago de Compostela)
“Amor sabor amorodo
amoricoque amoreído
amorío amortecedor
será amoral, amorfo ou amortizable tanto amor?”
CANCIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA
1.º Premio: Para beber auga e viño, Pablo González Costas (Cangas)
2.º Premio: Terra de amor, Xesús Xosé Iglesias González (Salvaterra do Miño)
3.º Premio: Fala galego, Marcos Fernández Vázquez (Ourense)
Ademais, todas estas persoas recibiron un lote de libros en galego, cedidos polas concellerías de Participación Cidadá e Cultura do Concello de Santiago de Compostela, o Consorcio de Santiago e a asociación xuvenil Don Bosco.
(Da páxina web de Lingua de amor).
