Uqui Permui no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (20 e 21 de novembro, Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña)
Ferrol: presentación do libro-disco Tic-tac de Pablo Díaz

O libro-disco Tic Tac do músico coruñés Pablo Díaz e con ilustracións de Marc Taeger será presentado este sábado 2 de xaneiro en Ferrol. O libro está editado por Kalandraka e conta coa colaboración de trinta músicos, entre eles Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey e Ruote, ademais das achegas de Santiago Auserón e Xurxo Souto no prólogo e no epílogo, respectivamente.
Xavier Queipo: “Só viven ben os autores do réxime, sexan os do PP ou os do bipartito”
Eu son un worst seller. Son un dos que menos vende na literatura galega. Cando os editores se fixan en min non é porque vexan un negocio, senón porque consideran que o meu traballo é de calidade. Nun libro que se chama Felices e diferentes calculei canto gaño coa escrita: sáeme cada hora a 0,25 euros. Así que esa mitoloxía só se lles pode aplicar aos escritores do réxime –o PP ten os seus e o bipartito tiña tamén os seus–, que viven ben porque están subvencionados, pero non ao resto. Eu teño que ter outro traballo fóra da escrita, e a inmensa maioría dos meus compañeiros, tamén. En calquera caso, quen así pense pode revisar as axudas que lles concederon aos meus libros ou ir buscar os títulos meus que a Xunta non quixo poñer nas bibliotecas por consideralos politicamente incorrectos.
Ler entrevista completa a Xavier Queipo no Xornal de Galicia.
Queremos galego convoca unha concentración contra o decreto do galego
Segundo se anunciou en días pasados, mañá mércores darase a coñecer o texto do decreto contra o galego no ensino que subsistuirá o actual texto legal aprobado en 2007.
Coincidindo co último Consello da Xunta do ano 2009, que se celebrará no Pazo de Raxoi, a plataforma cidadá Queremos Galego convida a todas as galegas e galegos a unha concentración na Praza do Obradoiro o mércores 30 de decembro ás 17 horas.
Apúntate no evento de Facebook
Sechu Sende no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (vídeo)
Sechu Sende no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (20 e 21 de novembro, Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña)
Alicia Fernández no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (vídeo)
Alicia Fernández no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (20 e 21 de novembro, Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña)
Baldo Ramos no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (vídeo)
Baldo Ramos no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (20 e 21 de novembro, Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña)
Alberto Lema no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (vídeo)
Alberto Lema no IV Encontro de Nov@s Escritor@s (20 e 21 de novembro, Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña)
José Rodrigues dos Santos gaña o Prémio Clube Literário do Porto
O jornalista e escritor José Rodrigues dos Santos é o vencedor deste ano do Prémio Clube Literário do Porto, no valor de 25 mil euros (…) O galardão que em anos anteriores distinguiu escritores como Mário Cláudio, Armando Baptista Bastos, Miguel Sousa Tavares e António Lobo Antunes, visa “galardoar o autor que mais criatividade teve no domínio da ficção”, segundo nota à imprensa. José Rodrigues dos Santos receberá o galardão terça-feira [29 de decembro], às 22h00, no Clube Literário do Porto. O reitor da Universidade Fernando Pessoa Salvato Trigo fará a apresentação do escritor que já vendeu cerca de um milhão de exemplares do conjunto da sua obra de ficção e ensaio.
José Rodrigues dos Santos é considerado um dos autores portugueses que mais vendem em Portugal, confirmado, por exemplo, pelo último romance, “Fúria divina”, que em menos de dois meses vendeu 150 mil exemplares.
Noticia completa no xornal Público.
Xosé Monteagudo: “Apropiándose do termo bilingüismo fan que non haxa bilingüismo real”
Entrevista a Xosé Monteagudo no xornal Galicia Hoxe: “Unha das maneiras máis sutís que o poder político ten de enganar o pobo é a de promulgar normas. Unha norma é unha declaración de vontade institucional que pretende ordenar a realidade dunha determinada maneira. Pero cando non existe a vontade de que a realidade cambie, a norma é unha simple escusa para que o pobo cale nas súas demandas e mire para outro lado, como ocorreu coa normativa toda de normalización lingüística anterior ao goberno do bipartito”. [Ler entrevista completa]