Ferrol: presentación da revista Papeis ártabros

O vindeiro venres 18 de decembro ás 19.30 horas na Galería Sargadelos de Ferrol presentarase o número cinco da revista Papeis Ártabros, publicada polo Centro Ártabro de Estudios en colaboración co Concello de Ferrol. Participarán Mercedes Carbajales (concelleira de cultura), Jose Luis Tasset ( Catedrático de E.U. da Filosofía Moral na Universidade de Coruña) e Rosa Méndez (Presidenta do Centro Ártabro de Estudios). A revista recolle diferentes artigos relacionados con Ferrol e a súa comarca, entre os que cabe destacar os que tratan sobre Matías Usero, o Patrimonio Arqueolóxico de Mugardos, a pegada galega en Cuba ou a fragata Asturias.

Presentouse DIGATIC, un dicionario online galego sobre as “TIC”

Segundo explican na páxina do proxecto, “DIGATIC é un proxecto desenvolvido dende a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG), financiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que pretende pór a disposición da comunidade tecnolóxica un amplo léxico técnico en galego que facilite a utilización e a propagación da nosa lingua dentro deste ámbito”. O dicionario pode consultarse neste enderezo.