O prazo de presentación de orixinais remata o 26 de febreiro de 2010. Bases: PDF, 391 KB
X Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Entrevista a Marcos S. Calveiro: “O mito de que Galicia é unha cultura subvencionada está aínda aí, coma o dinosauro de Monterroso”
Entrevista de Manuel Díaz Villaverde ao escritor Marcos S. Calveiro no xornal Galicia Hoxe. Ler a conversa completa.
Entrevista a Francisco Fernández del Riego en “La Voz de Galicia”
Entrevista a Francisco Fernández del Riego en La Voz de Galicia: A Real Academia perdeu moita calidade, pero ten moito futuro. Ler texto completo. «
A prensa galega recolle o ingreso de Manuel Rivas na RAG
A Nosa Terra: “Temos unha academia de heterodoxos” (entrevista) [1] / O académico Rivas alerta da asfixia á lingua [2]
Xornal de Galicia: Rivas, o académico máis novo
El País: “La cultura gallega no puede ser un parque temático” [1] / Ausencias y presencias [2]
La Opinión de A Coruña: “Iso do sentidiño a min non me gustou nunca” (entrevista)
Galicia Hoxe: O académico da flor de toxo
El Ideal Gallego: Rivas refuerza su compromiso con Galicia
El Progreso: Manuel Rivas ingresa na RAG comprometido coa defensa do idioma e o patrimonio cultural
Vieiros: Manuel Rivas ingresa na RAG con palabras de “memoria, ecoloxía e lingua”
La Voz de Galicia: Manuel Rivas proclama o milagre da literatura no discurso do seu ingreso como membro numerario
Faro de Vigo: Manuel Rivas ingresa na Real Academia Galega
IV Encontro de Nov@s Escritor@s (fotos)
A Coruña: conferencia de José R. Freixeiro Mato
O vindeiro martes 15 de decembro o profesor da Universidade da Coruña José R. Freixeiro Mato falará dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom. A sua charla versará sobre O galego desde a perspectiva histórica e no momento actual. Será ás oito do serán no local da Fundación Caixa Galicia da Coruña (no Cantón Grande).
Culleredo: presentación do libro O pouso do fume
A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 16 de decembro de 2009, ás 20.00 h, na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” (Pazo de Vila Melania, Vilaboa, Culleredo), o acto de presentación do libro O pouso do fume, de Dores Tembrás. No transcurso do acto tomarán a palabra Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura; Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor; Eva Veiga, poeta, e Dores Tembrás, autora.
A Coruña: tertulia arredor de Sete palabras
O vindeiro luns, 14 de decembro, ás 19,00 horas no Salón de Actos do centro UNED, Rúa Pepín Rivero, 3 Cidade Escolar da Coruña, terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. No acto, organizado polo centro da UNED da Coruña e Xerais, acompañarán ao autor Xosé Luís Axeitos, bibliotecario da Real Academia Galega, Antonio Raúl de Toro Santos, catedrático de literatura inglesa da UDC, Antonia Doce e Manuel Bragado.
Cervo: mañá sábado, polafía en San Cibrao

As polafías son un proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións. A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego.