Feira do Libro de Vigo: programa do luns 13 de xullo

18.00 Contacontos con música: O grupo musical Mamá Cabra interpreta a súa obra: Todos os animais ao caixón.
19.30 A Associaçao de Amizade Galiza-Portugal presenta o libro Galiza: Língua e sociedade (XIV Ensaios), de Luis V. Aracil, J. Conill e outros autores, publicado pola Academia Galega da Língua Portuguesa. O acto estará moderado por Alessandro Banhos Campo e participaron no mesmo Ângelo Cristovao Angueira e Miguel Cupeiro Frade, coautores do libro.
20.00 O escritor Isaac Otero asinará exemplares do seu libro de poesía Nupcias de las palabras.
20.30 O escritor Luis Rei Núñez, asinará exemplares do seu libro Monte Louro (Premio Blanco Amor 2009), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.30 Vida y obra de Louis Braille. Conferencia impartida polo Director do Centro de Recursos da ONCE en Pontevedra, José Ángel Abraldes Rodeyro, co gallo do nacemento do inventor do sistema de lectura para invidentes.

Feira do Libro de Vigo: programa do domingo 12 de xullo

13.00 Contacontos: Historias dende o planeta Jijó, a cargo de Marisa Irimia.
13.00 A escritora Irene Castelos Cortizas asinará exemplares do seu libro Pesadillas al anochecer
18.00 Actividades para nenos: Historias da fraga encantada. Fátima e Servando.
19.00 Animación á lectura. Teatro para actores e actoras arredor do libro Falou un queixo da escritora Heidi Kühn-Bode, publicado pola Editorial Galaxia.

IX Congreso Internacional de Estudos Galegos

Do 13 ao 17 de xullo desenvolverase en Santiago, Vigo e A Coruña o IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, coa colaboración das tres universidades galegas e o Consello da Cultura Galega. Conta con apoios da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, da Consellería de Cultura e Turismo, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación, así como das Concellerías de Cultura da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. A Asociación de Escritores en Lingua Galega participa cun panel de conferencias da Sección de Crítica Galega, coordinado por M. Xesús Nogueira, coa participación de Xosé Manuel Eyré, Ramón Nicolás e Olivia Rodríguez, o luns, 13 de xullo, na aula 1 da facultade de Filosofía da USC, ás 16:00 h. Poden descargar o programa de actividades en PDF nesta ligazón.

Pablo García gaña o V Premio Biblos-Pazos de Galicia

Pablo García Martínez (Arzúa, 12-12-1985) é o gañador da 5ª edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallou no transcurso dunha cea que na noite do venres 10 de xullo reuniu na Casa Grande do Bachao (Santiago) a un cento de personalidades do mundo cultural galego. A obra, que ten o título provisional de Relato dun estalido xordo, comezará agora a súa etapa de redacción definitiva na que o autor contará con Manuel Rivas (que non puido estar presente por atoparse de viaxe) como titor e que rematará cara a fin de ano coa súa publicación en galego e en castelán.

Feira do Libro de Vigo: programa do sábado 11 de xullo

13.00 Actividades para nenos: A maxia das palabras. Sherezade e Martiño.
18.00 A biblioteca imaxinaria. Obradoiro de creación literaria a cargo da compañía Teatro Buratini.
19.30 Charla coloquio do escritor Francisco Narla, arredor do seu libro Los lobos del centeno, publicado por AVA Ediciones.
20.30 O escritor Enrique Vázquez Pita presentará o seu libro Sansón Troleyro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.

A Coruña: Pilar García Negro presenta novo libro

Hoxe xoves 9 no paraninfo da Universidade (Maestranza, s/n) presentarase o libro Sobre o racismo lingüístico, de María Pilar García Negro. Ademais da autora participarán no acto Carme Fernández Pérez-San Julián, Celia María Armas, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín, Francisco Rodríguez, Luis Villares e Francisco Pillado. O acto comeza ás 20 horas e a entrada é libre até completar capacidade.