I Xornada de literatura oral: “A figura do demo na literatura de tradición oral”

I Xornada de literatura oral - AELGO 17 de outubro de 2008 terá lugar no salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8) a I Xornada de Literatura Oral (ver programa), organizada pola AELG coa colaboración coa Deputación Provincial de Lugo. Baixo o epígrafe “A figura do demo na literatura de tradición oral”, a coordinación estará a cargo de Isidro Novo (vogal da AELG por Lugo) e Antonio Reigosa (vogal de Literatura de tradición oral).

A Asociación de Escritores en Lingua Galega comeza así unha iniciativa que pretende darlle a importancia que merece a esta parte fundamental da nosa literatura. Como actividade complementaria á celebración da xornada, na sala de exposicións da Deputación poderá visitarse a mostra “Libros do demo: grimorios e ciprianillos”.

VI Encontro de escritores ourensáns, dedicado a Manuel Curros Enríquez

A Sección de Literatura do Liceo de Ourense, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, convoca o VI Encontro de Escritores Ourensáns nunha xornada dedicada ao Centenario de Manuel Curros Enríquez, para o vindeiro venres, 17 de outubro a partir das oito e cuarto da tarde no Liceo de Ourense. Programa. (Liceo de Ourense)

A Coruña: V Xornadas sobre lingua e usos

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as V Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre a lingua galega e a docencia universitaria.
As xornadas terán lugar os días 12, 13 e 14 de novembro no Paraninfo da Reitoría e a elas están convidados, entre outros, membros do profesorado da UDC e membros dos equipos de goberno de universidades galegas e non galegas con responsabilidades no ámbito da docencia.
O prazo de inscrición remata o día 5 de novembro. Máis información en:
http://www.udc.es/snl
http://www.udc.es/snl/dinamiza_xorna.html

(Servizo de Normalización Lingüística – Universidade da Coruña)

Comunicado da AELG no pasamento de Ramiro Fonte

A Asociación de Escritores en Lingua Galega lamenta profundamente a grande perda do escritor e amigo Ramiro Fonte Crespo, vulto indiscutíbel da literatura galega actual cuxa obra pasará sen dúbida a ser considerada un fito histórico da cultura contemporánea.
A AELG desexa tamén manifestar a súa vontade de promover unha homenaxe nacional ao escritor de Pontedeume, coa intención de recoñecer publicamente os seus incalculábeis valores humano e literario. En breve informaremos de lugar e data.
(Consello directivo da AELG)

Faleceu o poeta Ramiro Fonte

Este fin de semana coñecemos a infeliz noticia do pasamento de Ramiro Fonte. Pola exhaustividade na recollida, trasladamos a esta a axenda as referencias xurdidas na Rede e compiladas no blogue Brétemas por Manuel Bragado, a quen agradecemos o xesto:

(Brétemas)