Retransmisión da festa de entrega dos Premios Xerais 2023
O Carballiño: presentación de Diagnóstico Poético. Os versos que levas dentro, de Rochi Nóvoa
Compostela: presentación de Diários de coresma e quarentena, de Mónica G. Devesa
Fisterra: presentación de Sibila e a monstruosa festa do Samaín, de Marta Lado
Celanova: Os camiños da poesía. Encontro literario con Anxo Angueira
Lugo: concerto-presentación de Na Casa Deles
Ourense: presentación de libros de Xulio Pardo de Neyra e Miguel Mato, e exposición de Clara Martín
Pontevedra: presentación de Xa vemos palmeiras, de Ana Cabaleiro
Fina Casalderrey é candidata aos dous premios máis importantes no eido da LIX
Desde Gálix:
“En febreiro de 2023, á proposta de GÁLIX, e logo de valorar as recibidas das catro seccións que a conforman, a OEPLI presenta a candidatura de Fina Casalderrey ao Premio Internacional Hans Christian Andersen considerado o Nobel da literatura infantoxuvenil. Un galardón de convocatoria bianual que recoñece a «contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil» no eido da escrita ou da ilustración.
A autora recibiu tamén a nova da súa candidatura aos Premios Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), outorgados anualmente polo goberno sueco coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas. Nestes premios recoñécese o labor dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil. Este ano concorren 245 candidaturas de 68 estados, a maioría pertencen ao campo da escrita ou da ilustración, pero preséntanse tamén asociacións ou organizacións.
A escritora galega Fina Casalderrey, que formou parte da directiva de Gálix, é a primeira autora en estar nomeada simultaneamente aos dous premios máis prestixiosos da LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) a nivel internacional.”