O xoves 27 de xullo comeza a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días (o xoves 27 abrirá só pola tarde):
Xoves 27
– 19:00 h. Pregón a cargo de Kiko Neves.
Venres 28
– 19:00 h. Presentación de Sapos e sereas, de Ana Cabaleiro, publicado por Galaxia. No acto participan, xunto á autora, Francisco Castro e Manrique Fernández.
– 20:00 h. Presentación de Nº atómico 74, A Carapuchiña pasa da carapucha vermella e A princesa e o labrego, de Raquel Castro, publicados por Fervenza.
– 21:00 h. Presentación de Da identidade à norma, de Vítor Vaqueiro e Nicolás Xamardo, publicado por Laiovento.