Arquivos da etiqueta: A lanzadeira de Alcor
Compostela: recital de novas propostas In-verso en Compostela
Compostela: recital In-verso en Compostela, con Lorena Rei, Ramiro Vidal Alvarinho e Rosa Enríquez
O venres 4 de marzo, ás 21:30 horas, no Airas Nunes Café (Rúa do Vilar, 17, baixo) de Santiago de Compostela, terá lugar o primeiro recital de poesía no ciclo In-verso en Compostela, organizado pola Lanzadeira de Alcor e o Airas Nunes Café. Recitarán: Lorena Rei, Ramiro Vidal Alvarinho e Rosa Enríquez. Presenta: Manuel L. Rodríguez.
Noia: presentación de Tes ata as 10, de Francisco Castro
O venres 26 de xuño, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, A lanzadeira de Alcor organiza a presentación do novo libro de Francisco Castro, Tes ata as 10, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participa Manuel L. Rodríguez.
Noia: presentación de Remontar o río, de Helena Villar
O venres 12 de xuño, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, preséntase o poemario Remontar o río, de Helena Villar Janeiro. No acto, organizado pola Lanzadeira de Alcor, participa, xunto á autora, Manuel L. Rodríguez.
Noia: presentación de dun lago escuro, de Marta Dacosta
O venres 29 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro, de Marta Dacosta, publicado en Xerais. No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor e Xerais, participa, xunto á autora, Manuel L. Rodríguez.