O sábado 24 de marzo, ás 20:00 horas, no Teatro Municipal As Torres (Avenida Emilia Pardo Bazán, 17) de Santa Cruz, Oleiros, terá lugar un recital poético dos membros de A Porta Verde do Sétimo Andar e o concerto do proxecto de Guillerme e Bastardo.
Arquivos da etiqueta: A porta verde do sétimo andar
Vigo: presentación de Ranhura, de Carlos Vinagre
O venres 23 de marzo, ás 21:30 horas, en A Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo, preséntase o último libro de Carlos Vinagre, Ranhura. No acto, que conta colaboración de A Porta Verde do Sétimo Andar, participan, xunto ao autor, Alfonso Láuzara Martínez e Manolo Pipas.
Lugo: presentacións de Azul ultramarino, de José Manuel Nunes Vilar
O mércores 21 de marzo, ás 20:00 horas, na Escola Oficial de Idiomas de Lugo, preséntase Azul ultramarino, de José Manuel Nunes Vilar, publicado nos Cadernos Q de Vián, de A porta verde do sétimo andar.
O xoves 22, ás 19:30 horas, presentarase na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) da mesma cidade.
O Cullarapo croque, iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar
Damos noticia desta iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar solicitando o apoio para O Cullarapo croque, libro de poemas para nenos e nenas escrito por Miguel Ángel Alonso e con ilustracións de Luz Beloso. Máis información en Verkami.
Vigo: presentación de Desobediencia, de Rosa Enríquez
O venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na A. C. Bou Eva (Rúa Tercio de Fóra, 11) de Vigo, preséntase Desobediencia, de Rosa Enríquez, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, acompañando á autora, participa Anxo Angueira, autor do limiar.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o sábado 3 de decembro
A Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, continúa sábado 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2011, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:
Sábado 3:
– 12:00 h. Presentación de Onde mercan os larpeiros, de Tomás Alonso e Víctor López, publicado en Galaxia. No Salón.
– 12:30 h. 2.0 Editora. Presentación do proxecto editorial. No Salón.
– 13:00 h. María Solar e Xosé Tomás: Vou ter un irmán!!!, publicado en Galaxia. No Cuarto dos Nenos.
– 13:30 h. Colección de libros Cociña infantil e familiar, de Ouvirmos. No Salón.
– 13:30 h. Entrevista a Inacio Vilariño e sinatura do seu libro Fábula Galénica, publicado en Baía Edicións.
– 14:00 h. Elena Gallego: Dragal I e Dragal II, novelas xuvenís publicadas en Xerais. No Salón.
– 16:30 h. Berrobambán: Contatrás. No Cuarto dos Nenos.
– 17:00 h. Colectivo da Porta Verde do Sétimo Andar: Q de Vian. Cadernos. No Salón.
– 17:30 h. Xosé Tomás: Nómades. A emigración a través das mulleres, publicado en Galaxia. No Salón.
– 18:00 h. Café con: Manuel Rivas.
– 18:00 h. Guía das libélulas de Galicia, publicada en Baía Edicións. No Salón.
– 18:30 h. Fernando Neira: Berrogüetto: O pulso da terra. Un libro sobre a eclosión do folque galego, publicado en Galaxia. No Patio.
– 18:30 h. Anxo Fariña: A chave da Atlántida. No Cuarto dos Nenos.
– 19:00 h. Café con: Domingo Villar.
– 19:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. No Salón.
– 20:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Domingo Villar e novos autores de novela negra: Xosé Manuel García López e Francisco Varela Losada. No Salón.
– 20:00 h. Happening multidisciplinar. Vídeo, son, palabras, expresión corporal. No Faiado.
Allariz: presentación de Pegadas, da Porta verde do sétimo andar
O venres 11 de novembro, ás 20:30 horas, na libraría Aira das Letras (Rúa Emilio Pardo Bazán, 5) de Allariz, terá lugar a presentación de Pegadas, libro colectivo de 37 autores/as de Galiza e Portugal, que constitúe o número 2 dos Cadernos Q de Vián, publicados por A porta verde do sétimo andar.
A Coruña: presentacións de O día que morreu Steve McQueen, de Kiko Neves, Desobediencia, de Rosa Enríquez, e Pegadas
O sábado 15 de outubro, ás 21:00 horas, no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9) da Coruña, terá lugar a presentación da novela O día que morreu Steve McQueen (unha novela de Xavi Ribak), de Kiko Neves, o poemario Desobediencia, de Rosa Enríquez, e o libro colectivo Pegadas, todos eles publicados por A Porta Verde do Sétimo Andar.
Rosa Enríquez: “Para min, a desobediencia é un acto ético”
Entrevista a Rosa Enríquez en La Voz de Galicia:
‘Rosa Enríquez Noya (Rúa, 1969) presentou onte na Libraría Couceiro de Santiago seu derradeiro traballo literario, Desobediencia, un libro de poemas que fala sobre todo da necesidade de romper as imposturas da palabra e pasar a acción. Para ela, “a desobediencia é un acto ético” e as verbas “ás veces se reducen a exercicios sintácticos e logo non son certos”. Esta escritora galega, licenciada en Hispánicas e profesora de francés no instituto Macías o namorado de Padrón, é un ariete contra todos aqueles que falan por falar. Que finxen comportamentos que logo non cumpren. É contra eses círculos pechados e baleiros de frescura, contra eses ámbitos de grupos impermeables onde non transitan as ideas, contra os que Enríquez desobedece en forma de poema. Desobediencia, editado por A porta verde do sétimo andar, consta de catro partes a modo de capítulos e ten versos en galego, en castelán e máis en francés.’
Santiago: presentación de Desobediencia, de Rosa Enríquez
O xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Desobediencia, de Rosa Enríquez, editado por A Porta Verde do Sétimo Andar, como o número 4 dos Q de Vian Cadernos. No acto estarán presentes, acompañando á autora, Anxo Angueira, Begonha Caamanho e Alberte Momán.