“Cumpríanse cincuenta anos do pasamento de exiliado e controvertido personaxe Xosé Almoina Mateos. Por iso, tanto El Progreso como Novacaixagalicia decidiron dedicarlle á súa figura esta edición do Premio Ánxel Fole de Ensaio. Isabel Gómez Rivas (Lugo, 1971) propuxo en Almoina, unha exhaustiva biografía buscando desentrañar a contradición que aparentemente dominou a vida de Almoina, a dun exiliado socialista en México convertido no secretario de Estado do ditador Trujillo e que, á vez, foi autor dunha incisiva denuncia do propio réxime trujillista. A súa investigación, que a levou por numerosos arquivos, acaba de valerlle o premio Ánxel Fole en ensaio. O xurado da XXV edición estaba integrado por Claudio Rodríguez Fer, escritor e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela; Juan Ramón Díaz García, xornalista e director de El Ideal Gallego; José de Cora Paradela, director de El Progreso; e M.ª Teresa Cores Fernández, directora de contidos socioculturais de Novacaixagalicia, que actuou como secretaria do xurado, con voz, pero sen voto, decidiu outorgar, por unanimidade, o XXV Premio Ánxel Fole de Ensaio a Isabel Gómez Rivas polo seu traballo Almoina.” Desde Cultura Galega.
Arquivos da etiqueta: Almoina
Lugo: presentación de Almoina, un exiliado gallego contra la dictadura trujillista, do historiador cubano-mexicano Salvador Pérez
Organizada pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, o martes 27 de abril ás 20:00 será a presentación na Galería Sargadelos de Lugo do libro Almoina, un exiliado gallego contra la dictadura trujillista, do historiador cubano-mexicano Salvador Pérez; coa presencia de Xurxo Martínez Crespo, autor da outra biografía de José Almoina na que inclúe a súa muller Pilar Fidalgo.