Arquivos da etiqueta: Ana Hermida
Arteixo: “Contadas na súa voz”, con Ana Hermida
Celebramos o 8M Día Internacional da Muller, cunha sentida homenaxe ás escritoras galegas que crearon as máis fermosas historias infantís de todos os tempos. Repasaremos a biografía de Dora Vázquez, Helena Villar Janeiro e María Victoria Moreno e gozaremos dos seus poemas e contos marabillosos. Serán historias contadas na súa voz e coa palabra de Ana Hermida.
Coas nosas escritoras galegas celebramos tamén o Día da Narración Oral, o Día da Poesía e o Día do Teatro. Achégate a Oseiro, escoita as historias, poemas, cancións, teatro… e coñece máis polo miúdo á escritora “Dora Vázquez” que lle dá nome á Biblioteca desta parroquia. Será o luns 21 de marzo ás 18:30 h.
Compostela: Palabra de Muller, por Lisístrata
(Máis información aquí)
Babío (Bergondo): Tecín soa a miña tea, por Ana Hermida
“Ana Hermida fará unha homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas nun espectáculo que pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra… O desexo e ansias súas polo teatro “eu quería ser actriz e non me deixaron”. Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra no seu 134 cabodano. Actividade organizada polo activista cultural e párroco de Bergondo, Rubén Aramburu.”