Bergondo: homenaxe a Filomena Dato, “A Poeta das Mariñas”

Arteixo: Contadas na súa voz, sobre textos de Carlos Casares

Rendemos unha merecida e sentida homenaxe ás mulleres e homes que crearon ás máis fermosas historias de todos os tempos. Repasaremos e sacaremos á luz a súa biografía e reivindicaremos a súa obra. Serán historias contadas, na súa voz e coa nosa palabra, dunha literatura que levan disfrutado lectores dende hai anos, ata converterse nos clásicos de hoxe.
Achegaremos a figura e contaremos contos de Carlos Casares ao alumnado da Escola de Educación Infantil de Barrionovo, que celebrará o Día do Libro na Biblioteca Miguel Sande, o venres 28 de abril ás 10:00 h. e ás 11:00 h.

Arteixo: III Concurso de Recitados Homenaxe a Rosalía de Castro

Celébrase a terceira edición do concurso de recitados en homenaxe a Rosalía de Castro, que está organizado pola Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Arteixo e que será o broche de ouro a unha serie de actividades coas que conmemoran o mes do libro. Serán 12 participantes, de entre 8 e 12 anos, que levarán un libro de poesía como agasallo e a persoa premiada recibirá un libro electrónico. A encargada de conducir o acto será Ana Hermida, quen ademáis renderá homenaxe ás tres figuras máis representativas do Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal.
A cita coa poesía será o martes 25, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 18:30 h. e a entrada é libre e gratuíta.

Arteixo: Rimando e Xogando con Manuel María e Rosalía, por Lisístrata

RIMANDO E XOGANDO_De Rosalía a Manuel MaríaAna Hermida volve render homenaxe á poesía galega, desta vez poñendo voz e alma á obra de Rosalía de Castro e Manuel María. Será tamén unha homenaxe multicultural á poesía nosa, xa que nenas e nenos de varias nacionalidades recitarán a Rosalía nun acto moi fermoso que xa vai polo súa segunda edición e no que escoitaremos os versos fermosos da nai das nosas letras con acentos doutras terras, pero en galego. Este ano celébrase a segunda edición do concurso de recitado de poesía Cantares Gallegos dirixido á infancia de entre 8 e 12 anos, acto organizado polas Bibliotecas do Concello de Arteixo como colofón a unha serie de actividades coas que conmemoran o mes do libro. Ana Hermida será tamén a encargada de conducir o acto, onde cada participante levará un agasallo e a persoa premiada recibirá unha tablet.

Oseiro, Arteixo: Rimando e Xogando con Manuel María na Biblioteca do Froxel, por Lisístrata

Rimando e xogando Lisístrata Manuel MaríaO martes 19 de abril, ás 18:50 horas, na Biblioteca Francisco Vidal do Froxel (Oseiro, Arteixo), terá lugar a actividade Rimando e Xogando con Manuel María, levada a cabo por Ana Hermida (Lisístrata Asociación). Unha maneira de achegar ao público infantil o traballo e a figura de Manuel María, nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí se acheguen. Haberá pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e outras nas que interactúan coa contadora.

Pastoriza (Arteixo): Rimando e xogando con Manuel María, por Ana Hermida (Lisístrata Asociación)

RIMANDO E XOGANDO MANUEL MARÍA_PastorizaO xoves 18 de febreiro, ás 18:50 horas, na Biblioteca Miguel Sande, de Pastoriza, Arteixo, terá lugar a actividade Rimando e xogando con Manuel María, coa que se renderá unha homenaxe a Manuel María, neste seu ano das Letras Galegas. O autor chairego será obxecto de lecturas, xogos, rimas, cancións… Unha maneira de achegar ao público infantil o seu traballo e a súa figura que estará nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí se acheguen. Haberá pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e outras nas que interactúan coa contadora.”

A Pobra do Caramiñal: Tecín soia a miña tea, por Ana Hermida

TECÏN_A Pobra-3Dramatizacións de poemas de Rosalía de Castro, con cancións da autoría de Baldomero Iglesias, Mero e un monólogo teatral baseado nun texto de Miguel Anxo Fernán-Vello. O espectáculo Tecín soia a miña tea está dirixido e interpretado por Ana Hermida, da Asociación Lisístrata.