A
revista Encrucillada homenaxea ao escritor Andrés Torres Queiruga, un dos teólogos galegos con máis peso no mundo católico celebrando nos vindeiros 28, 29 e 30 de outubro o seu tradicional Foro de Relixión e Cultura (que celebra a súa XXV edición) en Santiago de Compostela. Nesta edición, Encrucillada quere render, tamén, unha homenaxe ao seu antigo director, Torres Queiruga, quen se xubila este mesmo ano, pasando a ser profesor emérito da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago. Participarán nesta homenaxe compañeiros e escritores como Victorino Pérez Prieto, Xesús Ferro Ruibal ou Xosé Luís Barreiro Barreiro. O programa e emprazamentos pódense descargar neste enlace.
Arquivos da etiqueta: Andrés Torres Queiruga
Santiago: presentación de Repensar o mal, de Andrés Torres Queiruga
O
xoves 14 de outubro, ás 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu último ensaio Repensar o mal. Da poneroloxía á teodicea, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Segundo Pérez López, profesor de Teoloxía, Xan López Facal, economista, e Luís García Soto, decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago.
Pontevedra: presentación de Repensar o mal, de Andrés Torres Queiruga
O
xoves 30 de setembro, ás 20:00 h., no Café Moderno (Fundación Caixa Galicia, Praza de San Xosé, 3) de Pontevedra, Andrés Torres Queiruga presenta o seu último ensaio Repensar o mal. Da poneroloxía á teodicea, publicado en Galaxia.
Andrés Torres Queiruga: “A gran tarefa é unha Galicia soberana na nova configuración mundial”
Entrevista
a Andrés Torres Queiruga en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Lingua e relixión; nación e independencia, soños, utopías… Cal é a túa actitude…?
Andrés Torres Queiruga (ATQ): Buscar en cada un deses ámbitos unha comprensión da fe, coherente cos seus principios, sabendo que só resulta lexítima cando, en diálogo coa cultura, saca as consecuencias do seu fundamento no Evanxeo: a Boa Noticia dun “Deus humanísimo”, cuxo único e exclusivo interese ao nos crear consiste no ben e na felicidade posible de todo home e de toda muller. Todo o que non sexa iso é irremediablemente falso e perturbador, por moi “venerable” que se presente. (…)
GH: Como ves a literatura, en xeral, da nación galega?
Andrés Torres Queiruga (ATQ): Pensando no pequeno número dos que a habitamos, ten algo de milagre. Abonda con ir de Rosalía a Cunqueiro, para nos limitarmos aos xa non vivos. Os seus libros deberían figurar en calquera antoloxía universal. Hai pouco Gamoneda dicía cousas moi altas da nosa poesía actual.
Santiago: presentación do “Dicionario” Ramón Piñeiro
Hoxe mércores 13 de maio preséntase en Santiago o ensaio ‘Dicionario’ Ramón Piñeiro de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, nun acto que contará ademais coa participación de Andrés Torres Queiruga, da Real Academia Galega, Amancio Liñares Giraut, de tresCtres Editores e Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe.
Será a partir das 20 horas no Salón de Actos de El Correo Gallego (Rúa Preguntoiro, 29, Santiago de Compostela).
Presentación d’ “Os ríos pasan cheos de Deus”, de Victorino Pérez
Os ríos pasan cheos de Deus é unha antoloxía da poesía relixiosa en galego que inclúe unha importante representación da poesía portuguesa nos Séculos Escuros en Galiza. lnclúe tamén unha longa introducción sobre o que o autor entende por poesía relixiosa e a súa presenza na literatura galega. Prólogo de Xesús Portas.
A presentación será no marco excepcional dos 30 anos da revista Encrucillada, o próximo venres 23 de Marzo ás 19 h. no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela). Tras das palabras de Andrés Torres Queiruga e o relatorio de Ramón Villares Paz polo evento de Encrucillada, presentarán o libro a nova directora de Toxosoutos, Xesús Portas Ferro e mais o autor.