O
venres 18 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa San Pedro, 74), preséntase Urania, de Chus Pato, publicado na Chan da Pólvora Editora. Canda ela estará o director editorial, Anton Lopo.
Arquivos da etiqueta: Antón Lopo
Sada: presentación de Querido Eduardo
Falece o poeta Fran Cortegoso
Desde
Sermos Galiza:
“Francisco Cortegoso finou esta cuarta feira, 5 de outubro, aos 31 anos de idade tras unha enfermidade. O escritor puido ver rematada a súa derradeira obra, Suicidas, editada por Chan da Pólvora. Precisamente, o mesmo día que falecía na súa casa de Bora (Pontevedra) o autor, o seu poemario chegaba ás librarías do país.
Segundo informa Chan da Pólvora, Antón Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que o poeta puidese ver publicada a súa obra. “Hoxe é un día de inmensa tristura para as persoas que formamos o equipo da Chan da Pólvora. Vaian as nosas condolencias e o noso amor para a súa familia, os seus amigos e toda a xente que o quere”, sinalou a editora nun comunicado.
Licenciado en Filoloxía galega, o autor deuse a coñecer como poeta en 2008, na Revista das Letras de Galicia Hoxe con Ningún Home. En 2013 obtivo o premio de poesía Pérez Parallé co poemario Memorial & Danza.”
Monforte: Homenaxe a Manuel María
Monforte: actos destacados da Feira do Libro no mércores 24
O
mércores 24 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo de Antón Lopo, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
– 20:00 h. Xabier Quiroga asina na caseta da Secretaría.
– 20:00 h. Estefanía Padullés asina exemplares de A canción do sol, publicado por Hércules de Edicións, na caseta da Libraría Agrasar.
– 20:30 h. Presentación de O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal, publicado por Xerais. Con Ramón Caride.
Alicia Fernández: “O público de poesía está formado por clientes militantes”
Entrevista
de Alberto Ramos a Alicia Fernández:
“(…) – Praza (P): Falamos dunha libraría e dunha editorial [Chan da Pólvora] que conforman un proxecto conxunto, pero que manteñen a autonomía. Como encaixan as pezas? Como organizan o traballo?
– Alicia Fernández (AF): Procuramos que o traballo sexa asembleario e idílico. Xuntámonos, falamos e consensuamos. Malia todo, queremos que os traballos sexan separados. No caso da editora, lévaa principalmente Antón Lopo. A libraría, pola contra, levámola Eduard e mais eu. Iso non quere dicir que haxa unha separación total definida. Estamos todos pendentes do traballo de cada unha das partes, propoñemos ideas dunha vertente a outra. Por exemplo, Antón tivo moito que ver co local e, loxicamente, Manolo moitísimo coa súa estética. Gonzalo Hermo, pola súa banda, propuxo que fose Antón Blanco o primeiro autor para publicar. Nós tamén participamos nas ideas editoriais, encargámonos de corrección… É dicir, procuramos conservar e diferenciar os traballos, pero implicámonos todos en todo. (…)
– P: Que teñen en mente á hora de crear unha programación?
– AF: Vimos de abrir hai nada e, realmente, non tivemos tempo material de idear a programación. Temos axendadas presentacións e actos, pero a verdade é que tamén se vai construíndo de forma espontánea. É dicir, Elías Portela escoitou falar de Chan da Pólvora, pasou un día por acó, quixo coñecer o local e pregunteille se quería recitar aquí. Pareceulle unha fantástica idea e organizouse axiña. Despois, no campo dos obradoiros gustaríanos desenvolver algún no verán. Non obstante, temos que sentar, pensar, decidir e programar. Cando comece o curso, en setembro, si que queremos ter catro sesións ao mes. Queremos ter obradoiros todos os meses e que realmente haxa movemento. Refírome a obradoiros de escrita creativa, de introdución á poesía para cativos… Penso que hai que cubrir un oco en Santiago, xa que agora mesmo hai pouca oferta de obradoiros de escrita. Este ano houbo algún de Suso de Toro, outro de Olalla Cociña, pero pouca cousa máis… Non é como na Coruña, que ten maior oferta e un público que responde, que vai sempre e encantado. (…)
– P: Que significa para poetas como vostedes, nun sistema no que vivir da literatura é ben complexo e da poesía imposible, converter a poesía no seu mundo laboral?
– AF: Non se pode pedir máis. Facemos o que nos gusta. Vimos de materializar un proxecto que estaba no aire, que se reducía de cando en vez a dicir “Que bonito sería ter unha libraría de poesía”. Meses despois, atopámonos no número 74 da Rúa de San Pedro facendo esta entrevista. Unha loucura, a verdade.”
Ourense: presentación de A oseira, de Antón Blanco
Compostela: presentación de A oseira, de Antón Blanco
O
venres 1 de xullo, ás 20:00 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa San Pedro, 74), de Santiago de Compostela, preséntase A oseira, primeiro libro de Antón Blanco (Carril, Vilagarcía de Arousa, 1996). No acto intervirán, xunto ao autor, Antón Lopo e Gonzalo Hermo. Pechará a sesión o pianista e poeta Afonso Traficante, compañeiro de Antón Blanco no proxecto musical Canine.




