Antón Reixa vai impartir mañá venres 3 de xullo a conferencia principal do congreso Identidades fracturadas da Facultade de Hispánicas da Universidade de Cardiff, sobre as artes visuais hispánicas. Vai dar a prestixiosa Ponencia Olwen Reckert, a máis importante do congreso enteiro, co título La reconstruccion audiovisual de Galicia. Máis información nesta páxina web.
Arquivos da etiqueta: Antón Reixa
Antón Reixa na Feira do libro da Coruña
O 5 Agosto 2008 Antón Reixa presentará o seu libro de poemas Látego de algas (Editorial Espiral Maior) na Feira do libro da Coruña. Será ás 19:00 e contará coa presenza do editor Miguel Anxo Fernán Vello.