Santa Baia das Donas (Gondomar): presentación de Arquitecturas de intermediación no Val de Miñor. Cruceiros e petos de ánimas, de Antonio Soliño Troncoso e María Xosé Pérez González

O 23 de setembro, ás 19:30 h, na igrexa Santa Baia das Donas, municipio de Gondomar, preséntase Arquitecturas de intermediación no Val de Miñor. Cruceiros e petos de ánimas, de Antonio Soliño Troncoso e María Xosé Pérez González, publicado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

Baiona: presentación do número 18 da Revista REM

O 7 de xuño, ás 20:30 horas, na Biblioteca de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns. O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso, que farán unha breve presentación das súas colaboracións. Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Gondomar: presentación de Un percorrido pola historia do Val Miñor, de Carmen Pérez Pérez

O venres 22 de febreiro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte das Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase o libro Un percorrido pola historia do Val Miñor, de Carmen Pérez Pérez, publicado pola Deputación de Pontevedra. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, participan, xunto á autora, Antonio Soliño Troncoso, Fernando Guitián Guitián e Rafael Louzán.