Entrevista de Jose Antepazo a Soledad García Riveiro en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FV): O seu proxecto Emocionaria. Un conto, unha emoción cumpre cinco anos. Que cambiou desde os seus inicios ata hoxe en día?
– Soledad García Riveiro (SGR): Sobre todo, cambiou a ilustración. Agora fago todo eu en solitario: escribo, ilustro, maqueto, difundo, organizo os eventos… É unha loucura de traballo. Facendo balance e mirando para atrás, non sei como fun capaz de chegar a tanto. Aproveito todo o tempo libre que teño, é a miña paixón.
Hai moito dos meus pais en Emocionaria. Eles son os meus grandes referentes e ensináronme o valor da nobreza, do traballo duro, da humildade e de facer as cousas con corazón. Ese legado camiña con cada paso que dou. (…)
– FV: Facendo alusión ao nome, se tivese que describir estes cinco anos de Emocionaria cunha emoción, cal sería?
– SGR: A alegría. Cada vez que a un neno lle gusta un dos meus libros ou está a signar e cantar comigo nas presentacións é incrible. O outro día, ao rematar o contacontos unha nena abrazoume como se non houbese mañá e iso para min foi impresionante. Esa sensación de que uns nenos que non che coñecen de nada veñan a abrazarte é marabilloso, así que quédome coa alegría seguro. (…)”
Arquivos da etiqueta: Soledad García Riveiro
Nigrán: contacontos especial aniversario de Emocionaria, con Soledad García Riveiro
Vigo: presentación do proxecto Emocionaria e recital a cargo de Soledad García Riveiro, dentro de Unha viaxe a Brobdingnag, de Blas González, o 17 de outubro
Contaconto Escape Room, con Soledad García Riveiro, en Vigo
Presentación do proxecto Emocionaria e recital a cargo de Soledad García Riveiro, dentro de Unha viaxe a Brobdingnag, de Blas González, en Vigo
Contacontos especial aniversario de Emocionaria, con Soledad García Riveiro, en Nigrán
Nigrán: presentación de Heroes, de Soledad García Riveiro
O relato “Escuma de wolframio”, de Gerardo González Carrera, gañador do XIII Certame de Relatos Vigo Histórico
Desde Editorial Elvira:
“(…) Os dous relatos premiados non teñen nada que ver, más alá de que a trama se desenvolve en Vigo. O primeiro premio, Escuma de Wolframio, de Gerardo González Carrera, é unha historia de espionaxe, amor e traizón ambientada no Vigo da Segunda Guerra Mundial, coa ría e o tráfico de wolframio como pano de fondo. O protagonista é Thomas Harris, un axente británico infiltrado como comerciante de viños que se verá atrapado entre a súa misión, unha perigosa rede de intereses nazis e unha muller que garda moitos segredos. (…)
A única condición marcada nas bases do Certame, más alá da extensión, é que Vigo debe ter un papel protagonista na historia presentada. No acto de hoxe tamén se anunciou a data na que se celebrará a gala de entrega dos premios que será o vindeiro venres 13 de novembro. Neste acto tamén se presentará o libro Relatos na Rúa XIII, no aparecerán publicados os relatos premiados e unha ampla escolla dentro dos presentados realizada polo xurado, que un ano máis fixo un traballo impecable. Entre eles, figuran textos de Marcos López Concepción, Nuria Guardiola Medel, Andrea Broullón Dobarro, Ángela Costas Parada, Soledad Garcia Riveiro, Iván Campo Rodríguez, Miguel Regojo Fernández, Clara Pino, Masha Álvarez, Lía Rodríguez Puertas, Rebeca Lar, Julio Fernández Peláez e Pablo Barreiro Castro.
O xurado do Certame de Relatos Vigo Histórico está formado pola escritora Clara do Roxo; o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, o escritor Santiago Lopo; a escritora e actriz María Lado; a xornalista Noelia Otero Lago; a profesora e tradutora Alba Piñeiro e a diplomada en Relacións Laborais e gran lectora María Jesús Fernández Domínguez, ademais do presidente do xurado, que é Xabier Romero. (…)”






