O luns 7 de febreiro, ás 12:30 h., no Centro Ramón Piñeiro de Santiago de Compostela, preséntase o libro Domingos de calcetíns brancos, de Manuel Pérez Rúa, publicado en Galaxia, que gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009. O acto contará coas intervencións Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística; Luís Díaz, delegado xeral en Galicia de Gas Natural Fenosa; Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Manuel Pérez Rúa, autor. Crónica posterior en Galicia Hoxe.
Arquivos da etiqueta: Anxo Lorenzo
Anxo Lorenzo comprométese a colaborar co PEN Clube e coa AELG
Vigo: presentación de Alén, de Xaime Quintanilla e As criadas. O balcón, de Jean Genet
O
venres 10 de decembro, ás 11:30 h, na Sala de Xuntas da Escola Superior de Arte Dramática (Poza Cabalo, s/n.) de Vigo, Manuel F. Vieites, Víctor F. Freixanes e Anxo Lorenzo presentan publicamente Alén, de Xaime Quintanilla, e As criadas. O balcón, de Jean Genet, publicados en Galaxia.
Santiago: presentación do Dicionario Galego de Pedagoxía
O
luns 15 de novembro, ás 19:30 h, na sala de xuntas da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida, de Santiago de Compostela, preséntase o Dicionario galego de Pedagoxía, publicado por Galaxia. No acto participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Juan Casares Long, Reitor da USC, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, e os directores do dicionario, Felipe Trillo e José Antonio Caride.
Santiago: IV Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización
O
mércores 24 de novembro, a partir das 19:00 h., terá lugar no Salón de Actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela a IV Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, organizada polo Servizo de Asesoramento Lingüístico desta entida, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O número de prazas é de 100, e a inscrición pódese facer de balde através deste enlace. Nesta edición a xornada incorpora o formato de mesa redonda, baixo o título A posta en valor do galego na xustiza: claves e desafíos. Participan: Anxo Lorenzo Suárez (secretario xeral de Política Lingüística), Juan J. Martín Álvarez (director xeral de Xustiza), Fernando Fernández Leiceaga (maxistrado do TSXG), Xoán A. Pérez Lema (avogado) e Manuel González González (membro da RAG). Modera: Evaristo Nogueira Pol (decano do colexio de avogados).