Tui: presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de Xosé Ricardo Losada

OXosé Ricardo Losada venres 16 de outubro, ás 20:30 horas, na sala Félix Rodríguez, a Área Panorámica de Tui, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de Xosé Ricardo Losada, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Asociación Levada Libre (Foro aberto de opinión tudense) en colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Homenaxes para dous académicos no Baixo Miño

A Asociación Levada Libre de Tui inicia hoxe o seu programa de actos para lembrar a figura de Faustino Rey Romero. Este sacerdote, poeta e membro da Real Academia Galega mantivo un estreito vencello coa localidade e para o conmemorar, en nove centros escolares do concello explicarase a súa vida e obra e leranse poemas da súa autoría. O venres 25 de novembro inaugurarase un monumento na súa honra e haberá un acto no que participarán Xosé Luís Méndez Ferrín, Ánxel Vázquez de la Cruz, e mais o músico Tomás Camacho. Tamén no Baixo Miño o vindeiro sábado 17 de novembro, o Concello de Tomiño nomeará Fillo Predilecto ao escritor e académico Xosé Luís Franco Grande.