MANIFESTO EN DEFENSA DO ATENEO FERROLÁN
“As
persoas abaixo asinantes, rexeitan drasticamente a operación que está levando a cabo goberno Popular do Concello de Ferrol, de ocupar a actual sede do Ateneo con outras entidades, reducindo o espazo ateneísta a unha pequena parte na que dificilmente poderían desenvolverse as actividades habituais da entidade. Igualmente, dito goberno Popular pretende cambiar o nome do edificio, Ateneo Ferrolán, polo de Centro cultural y cívico Concepción Arenal.
Os edificios, situados na rúa Magdalena 202 e o primeiro andar do número 204, conforman a sede do Ateneo Ferrolán dende hai máis de trinta anos, e así son coñecidos pola cidadanía. Un nome, Ateneo Ferrolán, que en sí mesmo garda o concepto fundamental que encerra a entidade: aberta, plural, democrática e defensora dos valores culturais do noso país. Características de especial recoñecemento no ámbito local, nacional e estatal.
O Ateneo ferrolán, creado en Ferrol en 1879, é un lugar aberto á cidadanía e impulsor dunha permanente actividade de carácter cultural, social e progresista, en tódalas suas manifestacións. Por outra banda, posúe unha biblioteca-hemeroteca de grande interese, utilizada diariamente por lectores e investigadores.
É por todo isto que non podemos permitir que o Partido Popular, no uso da súa maioría absoluta no Concello de Ferrol, distribúa arbitrariamente os espazos do Ateneo, do mesmo modo que pretenda facer desaparecer o seu nome asociado ao edificio. Feitos os dous que semellan provir do desexo de acalar o tradicional desenvovemento cultural da entidade en favor de Ferrol e da cultura galega.
Se queres asinar o manifesto, podes mandar o teu nome e DNI ao seguinte enderezo electrónico: rosamendez.ferrol@gmail.com ou ben entrar nesta ligazón e facelo directamente.
GRACIÑAS!!!!”


![Portada Revista Atenea nº43 [Un conto de nadal atípico para unha nenez atea]](https://axendacultural.aelg.gal/wp-content/uploads/2012/01/Portada-Revista-Atenea-n%C2%BA43-Un-conto-de-nadal-at%C3%ADpico-para-unha-nenez-atea.jpg)



![ATENEA Especial Relatos Curtos [atipico nadal].cdr](https://axendacultural.aelg.gal/wp-content/uploads/2010/11/ATENEA-Especial-Relatos-Curtos-atipico-nadal-1024x723.jpg)
Ateneo Ferrolán pon a disposición do público a Revista Atenea para enviar un relato curto en galego (máximo 1 folio sen formatar coa temática UN ATÍPICO NADAL) que, de ser seleccionado, será publicado en xaneiro, nun número extraordinario de relatos curtos. Os interesados pódense pór en contacto coa revista (Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP 15402 – Ferrol (A Coruña), tlf. 981 357 970, fax 981 354 098) ou enviar por correo electrónico (secretaria@ateneoferrolan.org) o relato facendo constar o nome, enderezo e contacto antes do 10 de decembro de 2010. A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península. Máis información 