Arquivos da etiqueta: Banda de Gaitas de Monforte
Monforte: actos destacados da Feira do Libro 2018 para o 22 de agosto
O 22 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. (neste primeiro día só abrirá pola tarde), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo de Lois Diéguez, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
– 20:30 h. Presentación de Museo Pazo de Tor. Guía ilustrada, de de Fernando Arribas Arias e Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, publicado pola Deputación de Lugo. Participa Pilar García Porto.
Monforte: actos destacados da Feira do Libro no mércores 23
O mércores 23 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. (neste primeiro día só abrirá pola tarde), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo de Yolanda Castaño, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
– 21:00 h. Presentación de A invención dun deus. Xesús de Nazaret I. De predicador a Mesías, de Xulio López Valcárcel, publicado por Laiovento. Participan no acto, xunto ao autor, Manuel Rajo e Pedro Corsino Fernández Vila.
Monforte: acto destacado da Feira do Libro no mércores 26
O mércores 26 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo do poeta chantadino Xosé Lois García, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.