Teresa Moure gaña o certame de narracións breves Manuel Murguía

“O relato A semântica oculta de Mrs. Hockett, de Teresa Moure Pereiro, vence no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. Foron segundo e terceiro premio, respectivamente, Corazón de Aquiles, de Noelia Cendán Teijeiro e Reversible, de Jesús Amboage García.Na cerimonia de entrega de premios que se celebrou o pasado venres 19 de maio ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo, a escritora Anxos Sumai, como representante do xurado, valorou así as obras gañadoras:
“Despois de varios contactos por correo electrónico, chegamos á xuntanza final con dez finalistas dos que seleccionamos tres relatos pola súa incuestionable calidade literaria, polas persoais voces narrativas, pola orixinalidade temática e polo impecable uso da lingua. Resultou excitante comprobar que as persoas que formamos o xurado, coincidamos sen apenas discusión en premiar os relatos Reversible de Jesús Amboage, Corazón de Aquiles de Noelia Cendán e a A semántica oculta de Mrs. Hockett de Teresa Moure, de aí que deixásemos constancia na acta de que os premios foron dados por unanimidade. Por entusiasta unanimidade.
Hai nos tres relatos, absolutamente distintos na forma e na historia, algo que os une. Tanto o diálogo coma o conflito –centro mesmo da literatura– son, ao noso ver, a esencia das tres propostas creativas. No caso de Reversible, o diálogo, ou a tensión, prodúcese entre rutina urbana do protagonista e o redescubrimento apaixonado do mundo rural e entre uns personaxes, perfectamente construídos, que se entrelazan para dar nun sorprendente final. Canto a Corazón de Aquiles, a autora confronta a investigación da ciencia e o desexo infantil de ser heroe, desprazándose con mestría por distintos tempos narrativos e históricos, conciliando a realidade cotiá coa cultura clásica. E, por fin, n’A semántica oculta de Mrs. Hockett establécese unha comunicación entre distintas disciplinas: a literatura, a lingüística e as matemáticas, nun fluído xogo —narrado impecablemente, con ritmo e certa ironía— entre narrativa e poesía, entre códigos numéricos e emocións humanas.
Parabéns para Jesús Amboage, Noelia Cendán, Teresa Moure. Parabéns tamén para o Concello de Arteixo polo mantemento dun premio que naceu coa fin de estimular a creación literaria e de favorecer a aparición de novas voces narradoras e que se converteu nunha referencia para o xénero do relato, nun premio respectado e cobizado por autoras e autores consagradas, nun premio libre no que caben todas as temáticas e todas normativas.”
O xurado estivo composto por Anxos Sumai (escritora e representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Beatriz Rodríguez Rodríguez (profesora da Universidade de Vigo e representante da Asociación Galega da Crítica), Diego Giráldez (gañador da 25ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), e decidiu por unanimidade conceder os tres premios mediante o ditame resolto na reunión previa do 22 de abril.
58 foran os relatos recibidos, e 52 foran admitidos a concurso por cumpriren estritamente as bases. Os premios, que se coñeceron durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.
Como novidade deste ano, a coordinación destacou a presenza no xurado dun membro da Asociación Galega da Crítica, feito que, grazas a un recente acordo de colaboración similar ao precedente coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pasa a vincular de maneira máis decidida o Certame ao sistema literario galego.
O acto de entrega ofreceu ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical do grupo Ejazz (composto por Marga Ramos, Betty Queiro, Ángeles Dorrio e Carmen Rey), as intervencións artísticas en directo do colectivo XIPA (colectivo artístico arteixán representado por Ana Crujeiras, Ricardo Veiga e Xián Novelle) e un viño de honra como fin de festa.
O evento incluíu ademais unha lembranza da figura de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, mediante a proxección dunha peza en que se fai referencia á relación do autor ourensán con Arteixo.”

Finalistas do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

“Reunido o xurado o pasado 22 de abril, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 19 de maio, venres, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.
Reunido o xurado, composto por Anxos Sumai (escritora e representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Beatriz Rodríguez Rodríguez (profesora da Universidade de Vigo e representante da Asociación Galega da Crítica), Diego Giráldez (gañador da 25ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):
Reversible, de Jesús Amboage García.
Corazón de Aquiles, de Noelia Cendán Teijeiro.
A semântica oculta de Mrs. Hockett, de Teresa Moure Pereiro.
Dos 58 relatos recibidos, 52 foron admitidos a concurso por cumpriren estritamente as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.
Como novidade deste ano, a coordinación destaca a presenza no xurado de un membro da Asociación Galega da Crítica, feito que, grazas a un recente acordo de colaboración similar ao precedente coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, vincula de maneira máis decidida o Certame ao sistema literario galego.
O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical do grupo EJazz, as intervencións artísticas do colectivo XIPA e un viño de honra como fin de festa.
O evento incluirá ademais unha lembranza da figura de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, mediante a proxección dunha peza en que se fai referencia á relación do autor ourensán con Arteixo.”

Vigo: II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en literatura infantil e xuvenil

O xoves 10 e venres 11 de maio, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e baixo a organización de ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil e ELOS. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e J/Xuvenil, celébranse as II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, co título A familia na Literatura Infantil e Xuvenil, co seguinte programa:

* Xoves 10 de maio:
14:30 h. Recollida de material.
15:45 h. Inauguración e entrega I Premio Internacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil.
16:00 h. Conferencia plenaria a cargo de Ana Margarida Ramos (Univ. Aveiro, Portugal). As familias non tradicionais na Literatura Infantil e Xuvenil. Presenta: Blanca-Ana Roig Rechou (USC).
17:00 h. Mesa de autores: An Alfaya, Fina Casalderrey e Agustín Fernández Paz. Presenta e modera: Isabel Mociño González (Uvigo).
18:30-20:30 h. Ponencias (Salón de Actos). Modera: Mar Fernández Vázquez (USC):
* Beatriz Soto Aranda (UCM). La LIJ de temática arabo-islámica traducida al castellano: las relaciones familiares y la construcción de la identidad en la segunda generación.
* Maria da Graça Sardinha e João Machado (Univ. Beira Interior/I. P. Castelo Branco). A família e a identidade cultural dos jovens: leituras do PNL (Portugal).
* María del Mar Muñoz Prieto e María Sandra Fragueiro Barreiro (Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo). El papel de los cuentos de hadas en el desarrollo infantil.
* María José Corvo Sánchez (Uvigo). Backfischliteratur: siglo XIX.
* Mª Jesús Barsanti Vigo (Uvigo). La educación y la familia en los refranes.
* Mar Fernández Vázquez (Univ. Santiago de Compostela). Rupturas familiares a causa de la guerra civil española en las novelas juveniles en gallego de Marina Mayoral.
18:30-20:30 h. Ponencias (Salón de Graos). Modera: Carmen Ferreira Boo (USC):
* Pilar González Vera (Univ. Zaragoza). Cenicienta, Bianca y Mulán, la representación de la mujer a lo largo de la historia.
* Elvira Luengo Gascón (Univ. Zaragoza). Los juegos del Oulipo en los relatos de Ana Maria Machado. Trenza de gentes, familia y género.
* Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Mociño González (Univ. Santiago de Compostela/Uvigo). Los abuelos de Chema Heras.
* Juan Senís Fernández (Univ. Zaragoza). Las madres tontas: las problemáticas relaciones materno-filiales en la literatura infantil de Carmen Martín Gaite.
* Geovana Gentili Santos (Universidade Estadual Paulista “Júlio de Mesquita Filho”, UNESP/Univ. Santiago de Compostela). La representación de la familia en Ana María Machado.
* Carmen Ferreira Boo (Univ. Santiago de Compostela). La representación de la familia en las obras A Cabeza de Medusa y Rúa Carbón de Marilar Aleixandre.

* Venres 11 de maio:
10:00 h. Conferencia plenaria a cargo de la Dra. Gloria Bazzocchi (Univ. Bolonia, Italia). Los ancianos, maestros de vida: algunos ejemplos de la estrecha relación que se establece entre niños y abuelos en la Literatura infantil. Presenta: Veljka Ruzicka Kenfel (Uvigo).
11:00-12:00 h. Mesa de tradutores: Rosa Marta Gómez Pato, Antón Palacio Sánchez e María Reimóndez Meilán. Modera: Lourdes Lorenzo García (Uvigo).
12:30-14:00 h. Ponencias (Salón de Actos). Modera: Liliana Dorado (Hope College, Michigan, USA):
* Maria da Conceição Tomé e Glória Bastos (CEMRI, Portugal). Entre a ordem e o caos… Representações da família na literatura juvenil portuguesa contemporânea.
* Lourdes Lorenzo García e Beatriz Rodríguez Rodríguez (Uvigo). Un tío célebre y una sobrina desconocida: la relación entre don Quijote y Antonia Quijana en las adaptaciones literarias para niños y jóvenes a la lengua inglesa.
* Celia Vázquez García (Uvigo). No es fácil romper los hilos de la tradición: Lenta transformación de los estereotipos de género. Busquemos culpables.
Fernando Fraga de Azevedo (CIEC-Universidade do Minho). “O Clube dos Afetos: apontamentos sobre as representações da família em clássicos da Literatura Infantil e Juvenil”
* Paula Cristina de Sousa Marques e Fernando F. Azevedo (CIEC, Universidade do Minho). Literatura Infantil, Imaginário e Valores Interculturais: apontamentos para uma pedagogia desde o jardim-de-infância.
12:30-14:00 h. Ponencias (Salón de Graos). Modera: Geovana Gentili Santos (UNESP/USC):
* Liliana Costa (Universidade do Minho). Mouschi ao colo de Anne Frank. A família e a guerra no diário de Anne Frank e na reinterpretação de José Jorge Letria.
* Eva María Villar Secanella (Univ. Zaragoza). La memoria y los ayudantes de la heroína transmisores de este conocimiento.
* Gema Lasarte Leonet (Univ. del País Vasco). Análisis de la pluralidad de formas de convivencia y la familia en la LIJ vasca.
* Sandra Sánchez, Santiago Yubero e Elisa Larrañaga (CEPLI-Univ. Castilla-La Mancha). La lectura en la intervención con hijos de mujeres maltratadas.
* Sandra Sánchez, Santiago Yubero e Elisa Larrañaga (CEPLI-Univ. Castilla-La Mancha). Materiales para el fomento de la lectura en contextos familiares.
16:00-17:00 h. Mesa de editores: Xosé Ballesteros (Kalandraka), Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia), Francisco Castro (Galaxia) e Nati de la Puerta (A-fortiori Editorial). Modera: Eulalia Agrelo Costas (USC)
17:00-18:30 h. Ponencias (Salón de Actos). Modera: Carina Rodrigues (Univ. Aveiro):
* Xavier Mínguez López (Universitat de València). Los nuevos modelos de familia en el paradigma de la interculturalidad.
* Alba Alonso Feijoo (Uvigo). La Familia del Nuevo Niño en la Literatura Infantil del Siglo XXI. Un Estudio de Caso: My Princess Boy de Cheryl Kilodavis.
* Sara Reis da Silva (IE-Universidade do Minho). Representações da família nos Contos de Grimm para Meninos Valentes, de Alice Vieira.
* Lúcia Barros, Ana Barbosa, Carminda Lomba e Augusta Almeida (Agrupamento de Escolas, norte de Portugal). Lê para mim que depois eu conto… Literatura infantil e mediação leitora.
* Carmen García Surrallés (Univ. Cádiz). Nuevas relaciones maternofiliales en la LIJ.
* Mercè Masnou Ferrer (Univ. Autónoma de Barcelona). Familias de heroínas desde los tiempos de Dickens.
17:00-18:30 h. Ponencias (Salón de Graos). Modera: Vanessa Regina Ferreira da Silva (UNESP/USC):
* Fermín Ezpeleta Aguilar (Univ. Zaragoza). Familia y colegio en dos novelas juveniles de los 50: Pedrito de Andía y La vida sale al encuentro.
* Alexandra Martí (Univ. A Coruña). Las princesas en los cuentos infantiles clásicos: ¿Mujeres-objeto o mujeres-sujeto?.
* Iria Míguez Seoane (Uvigo). La figura del abuelo en la obra de Fina Casalderrey.
* Xulio Pardo de Neyra (Univ. A Coruña). Familia e tradición na simboloxía androcéntrica das sereas na LIX.
* Gemma Castillo Membrive (Uvigo). Audiodescripción para niños.
* Vanessa Regina Ferreira da Silva (Universidade Estadual Paulista “Júlio de Mesquita Filho-UNESP/Univ. Santiago de Compostela). Estudio comparado de la familia en Corda bamba (1988), de Lygia Boyunga Nunes y A filla do ladrón de bicicletas (2010), de Teresa González Costa.
18:45 h. Acto de clausura.
19:00-20:00 h. Asemblea de socios ANILIJ-ELOS.