O xoves 22 de marzo, ás 20:30 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, terá lugar a presentación do libro Se lo dije a la noche, de Juan Carlos García Hoyuelos, traducido a todas as linguas peninsulares. No acto haberá un recital poético e musical coa participación, xunto ao autor, de François Davo, Estíbaliz Espinosa, Begoña Paz, Óscar de Souto e Ramiro Vidal Alvarinho, como poetas, Susana Fumis (rapsoda), e Miko Basic, Raúl Galego e Gemma Sanz (músicos).
Arquivos da etiqueta: Begoña Paz
A Coruña: presentación de A mala vida, de Begoña Paz
O venres 2 de marzo, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o poemario A mala vida, de Begoña Paz, publicado por Ediciones La Baragaña.
Vigo: presentación de A mala vida, de Begoña Paz
O xoves 1 de marzo, ás 20:30 horas, na Galería Jazz (Ronda de don Bosco, 21, baixo) de Vigo, preséntase o poemario A mala vida, de Begoña Paz, publicado por Ediciones La Baragaña.
A Coruña: recital poético Música e poesia, no C. S. Gomes Gaioso
O venres 14 de xaneiro, a partir das 21:00 h., no C. S. Gomes Gaioso (R. Marconi, 9, baixo) da Coruña, terá lugar un recital poético, baixo o título Música e poesia, coa participación de Iolanda Aldrei, Begoña Paz, Belém Grandal, Rosa Enríquez e María N. Soutelo.
A Coruña: II Encontros Milpedras, recital de poesía, música e pintura en directo
O venres 29 de outubro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras da Coruña, desenvólvese a segunda edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e artes plásticas. Actuarán recitando poemas Begoña Paz, Dores Tembrás, Luís Mazás e Iolanda Aldrei, en paralelo á música de César Morán e a creación plástica de Nando Lestón.