Perillo (Oleiros): presentación de A violencia dun sorriso, de Thamizhachi Tangapandian

O violencia-dun-sorriso-2mércores 9 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Central Rialeda (Avenida Rosalía de Castro, 227 A), en Perillo (Oleiros), Implicadas no Desenvolvemento presentará a obra A violencia dun sorriso, unha antoloxía de poemas da autora támil Thamizhachi Tangapandian, publicada nunha edición bilingüe támil-galego, na que tamén figuran poesías de autoras galegas. O grupo teatral A Panadaría presentará un recital inspirado nos poemas presentes neste libro.

Perillo, Oleiros: acto de conmemoración do Centenario de Rialeda

O mércores 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo, Oleiros), terá lugar un acto de conmemoración do Centenario de Rialeda, cunha mesa redonda coa participación de:
– O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.
– O arquitecto, Henrique Seoane, coa presentación titulada Rafael González Villar e a súa elegante arquitectura.
– O escritor Manuel Rivas, co relatorio titulado Resistencia erótica do libro.
– Actuación do trío de vento de alumnos/as da Escola Municipal de Música.

Entregados os Premios Irmandade do Libro 2012

“A Federación de Libreiros de Galicia entregou en Lalín os Premios Irmandade do Libro. Resultou galardoada na modalidade de institución, a Real Academia Galega, a Biblioteca Central Rialeda do Concello de Oleiros, polo fomento da lectura, a obra Mitoloxía de Galiza, de Vítor Vaqueiro, na modalidade editorial do ano 2011, o CEIP de Riomaior (Pontevedra), centro de ensino do ano, Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, Libro do Ano 2011. A Libraría Cartabón de Vigo foi recoñecida na modalidade das librerías. No apartado de autor o recoñecido foi Gonzalo Navaza.” Vía Galaxia.