Santa Cruz, Oleiros: charla-coloquio de Armando Requeixo arredor de Xosé María Díaz Castro

O martes 6 de maio, ás 10:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Centro Cultural As Torres) de Santa Cruz, Oleiros, terá lugar unha charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas, a cargo de Armando Requeixo. Esta actividade, organizada polas bibliotecas municipais de Oleiros, está dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO do Instituto Neira Vilas e do Instituto Miraflores e nela participaran sobre 160 alumnos/as e 9 profesores/as destes centros.

Santa Cruz, Oleiros: conferencia de Camilo Nogueira sobre Para unha crítica do españolismo

O xoves 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, Oleiros, Camilo Nogueira impartirá unha conferencia arredor do seu libro Para unha crítica do españolismo, publicado en Xerais.

Bibliotecas de Oleiros: Lecturas para ti: guía de recomendacións para este verán

“As Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron unha guía con 278 recomendacións de libros, DVD e CD titulada Lecturas para ti, na que se presentan recomendacións de obras que emocionan, divirten, entreteñen, informan, instrúen ou fan pensar; que invitan a coñecer mellor a nosa cultura ou outras diferentes; bos libros para ler, analizar ou mirar; películas ou discos para gozar e compartir. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Os obxectivos que desexamos conseguir son: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo. (…)” Desde o blogue das Bibliotecas Municipais de Oleiros.