O domingo 26 de abril, no Parque José Martí de Santa Cristina, en Oleiros, terán lugar os seguintes actos destacados na III Festa do Libro na rúa, organizada polo Concello de Oleiros:
– 12:15 h. Presentación e recital poético de Cantos de dor e liberdade, publicado por Tempo Galiza, coa participación de Iolanda Aldrei, Celso Álvarez Cáccamo, Lois Diéguez, Laura Rey Pasandín e Eva Teixeiro.
– 13:00 h. Obra de teatro do alumnado do IES Neira Vilas, Unha tarde con Rosalía de Castro.
– 18:00 h. Presentación de Diarios (1938 e 1945), de Syra Alonso, publicado por Alvarellos Editora.
Arquivos da etiqueta: IES Xosé Neira Vilas Oleiros
Santa Cristina, Oleiros: actos destacados na III Festa do Libro na rúa
O domingo 26 de abril, no Parque José Martí de Santa Cristina, en Oleiros, terán lugar os seguintes actos destacados na III Festa do Libro na rúa, organizada polo Concello de Oleiros:
– 12:15 h. Presentación e recital poético de Cantos de dor e liberdade, publicado por Tempo Galiza, coa participación de Iolanda Aldrei, Celso Álvarez Cáccamo, Lois Diéguez, Laura Rey Pasandín, Eva Teixeiro e Ramiro Vidal Alvarinho.
– 13:00 h. Obra de teatro do alumnado do IES Neira Vilas, Unha tarde con Rosalía de Castro.
– 18:00 h. Presentación de Diarios (1938 e 1945), de Syra Alonso, publicado por Alvarellos Editora.
Compostela: Xornada de formación para docentes arredor da memoria histórica Fai memoria!, o 18 de xaneiro
IES Xosé Neira Vilas, Perillo (Oleiros): Programa das xornadas dedicadas a Nacho Taibo, o 24 e 25 de maio
O
IES Xosé Neira Vilas de Perillo, Oleiros (Rúa Xosé Neira Vilas, 3), vai homenaxear a figura de Nacho Taibo, con motivo da próxima edición do Premio Escritor na súa terra – Letra E. O programa é o seguinte:
Xoves 24 de maio
– 11:20 a 12:10 h. Mesa Nacho Taibo, a historia que agroma nos relatos. Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Cesáreo Sánchez (presidente da AELG), Xosé Manuel Martínez Oca, María Dans e Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 4º e 1º de Bacharelato.
– 12:30 a 13:20 h. Mesa De narrador a narrador: Xián Alcayde Dans entrevista a Nacho Taibo. Interveñen Xián Alcayde Dans e Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 1º ESO.
Venres 25 de maio
– 10:30 a 11:20 h.. Mesa “Encontro de Nacho Taibo cos lectores de As boas familias”. Intervén Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 3º ESO.
– 11:20 a 12:10 h. Mesa Encontro do profesor cos compañeiros. Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Pepe Couce, Ana Crego, Eduardo Álvarez, Xosé Manuel Fraguela e Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 2º ESO.
Vídeo de homenaxe a Xosé Neira Vilas desde o IESP Neira Vilas de Perillo (Oleiros)
A
finais de outubro de 2015 o Equipo de Dinamización da Lingua do IESP Neira Vilas de Perillo, Oleiros, decidiu facer un vídeo para o cumpreanos de Xosé Neira Vilas, o 3 de novembro, onde participasen alumnado, profesorado, persoal do centro, etc. A idea era que fose o propio autor IES para estrealo, xa que lle facía moita ilusión. A raíz do seu pasamento, colgouse na páxina do IES. Nesta ligazón pode verse o vídeo. Agradecemos a Inmaculada Otero o envío da información e do documento audiovisual.
Santa Cruz, Oleiros: charla-coloquio de Armando Requeixo arredor de Xosé María Díaz Castro
O
martes 6 de maio, ás 10:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Centro Cultural As Torres) de Santa Cruz, Oleiros, terá lugar unha charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas, a cargo de Armando Requeixo. Esta actividade, organizada polas bibliotecas municipais de Oleiros, está dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO do Instituto Neira Vilas e do Instituto Miraflores e nela participaran sobre 160 alumnos/as e 9 profesores/as destes centros.

