Arquivos da etiqueta: Brinde e desespero
Miguel Sande: “Síntome un pouco máis libre agora. Unha liberdade bonita”
Entrevista a Miguel Sande no Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Miguel Sande publica Brinde e desespero, a obra gañadora do XXV Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Carballo: lectura poética e música ao vivo sobre Brinde e desespero, de Miguel Sande
Miguel Sande: “Comezar o camiño de volta na vida é toda unha descuberta”
Entrevista a Miguel Sande no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Chorar sen memoria, como cando chuviña sen brisa sequera nin tampouco desmasiada luz; a avoa chora a así. Deses pequenos detalles, deses pequenos momentos prodúcese Brinde e desespero, un poemario co que Miguel Sande gañou o premio Johan Carballeira. O cotián no poemario de Miguel Sande ten tamén algo de performático: un brinde pola imposibilidade; o desespero como algo doce na nosa inmobilidade. A entrevista pode verse aquí.”
Viveiro: presentación de Brinde e desespero, de Miguel Sande
Bueu: presentación de Brinde e desespero, de Miguel Sande
Miguel Sande gaña o XXV Premio Johan Carballeira de Poesía do Concello de Bueu
Desde o Concello de Bueu:
“Miguel Sande resultou gañador do XXV Premio Johan Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu co poemario Brinde e desespero, que salientou de entre as cincuenta e sete obras presentadas. O xurado, que se reuniu este luns, 25 de abril, estivo conformado polo profesor e crítico literario Manuel Forcadela, a poeta e gañadora da anterior edición, Xandra Táboas, e o xornalista, crítico e editor César Lorenzo. Na acta, o xurado destacou que poemario aposta pola prosa poética, e parte da autoficción para presentarnos unha lectura sobre o cotián dende o ángulo do inesperado. A obra rompe con éxito a tensión entre pensamento e sentimento, e nel a realidade do cotián fala por si mesma, cunha expresión formal contida.
O premio, dotado con 1.500 euros, naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, quen tamén fora alcalde de Bueu ata o seu asasinato a mans dos franquistas. Amais, o poemario publicarase o próximo ano na colección de poesía da editorial Xerais. (…)”