Entrevista 
a Camilo Nogueira en El País:
“Para unha crítica do españolismo (Xerais, 2012) ataca la visión uniforme de la historiografía española sobre la evolución de la formación social España. Es uno de los dos últimos libros —el otro, A rota do sol (Laiovento, 2012)— del histórico nacionalista, hoy organizado en el BNG, Camilo Nogueira (Vigo, 1936).
– El País (EP): ¿Por qué ahora una crítica del españolismo?
– Camilo Nogueira (CN): Ahora y siempre. A partir de un ensayo de sobre el españolismo historiográfico en el tiempo constitucional, vi que la Constitución, aunque no dice nada de historia, incluye en el preliminar toda la historia. Cuando se dice “España, patria común de todos los españoles, indisoluble” está detrás el predominio de Castilla, la nación de los Reyes Católicos, esa interpretación de la Edad Media que niega Gallaecia. A partir de ahí compuse el trabajo.
– EP: No parece una época propicia para reflexionar sobre la cuestión nacional. La crisis lo absorbe todo.
– CN: La cuestión nacional es siempre. En Europa, si hay crisis económica es porque hay una falta de culminación de la necesidad de la Unión Europea. Y no se hizo porque los Estados, los protagonistas de la construcción europea y, a la vez, los antagonistas, cada vez que dan un paso adelante, retroceden ante el miedo. Interfiere el nacionalismo de los Estados, que no va a triunfar. Y hay intereses mundiales en contra del modelo social europeo, el Estado del bienestar. Sobre las naciones sin Estado, en Europa hay pocas. No se trata de defender la Europa de los 300 pueblos. (…)”
Arquivos da etiqueta: Camilo Nogueira
Camilo Nogueira: “Sen o Antigo Reino de Galicia non se entende nada do que pasou na península”
Entrevista 
a Camilo Nogueira en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Cal é a tese do primeiro dos libros [Para unha crítica do españolismo]?
– Camilo Nogueira (CN): Trato de facer ver que sen o Antigo Reino de Galicia non se entende nada do que pasou na península. Todo o que se atribúe a Castela durante moitos séculos, non lles pertence. Foi do Reino de Galicia, que durante sete séculos, dende os suevos ata 1230 (unión de León e Castela), foi un reino independente aínda que cunha maior extensión á Galicia actual.
– LVG: ¿Ten algunha relación co A memoria da nación?
– CN: Responde á mesma idea, o que pasa é que hai cousas novas. O libro empeza cun ensaio onde se fala da constitución os estados europeos. A inmensa maioría foron creados nos séculos XIX e XX, tal como hoxe son. É moi necesario, neste momento, en que estamos na Unión Europea, poñer de manifesto que, da mesma maneira que se formaron estados, algúns moi recentes, coma os que veñen da desaparición da URSS, podería haber outros que se constitúan en estados ou, polo menos, se lles recoñeza o estatuto de nación.
– LVG: ¿E que quere transmitir en A rota do sol?
– CN: É un conxunto de ensaios que parten dun cambio no escenario internacional co fin da Guerra Fría, unha circunstancia que hai xente que aínda non se decatou delo. Dende a perspectiva galega trato cuestións tan diversas como a Constitución e a economía española, a irrupción de Obama, os países emerxentes ou Palestina.
– LVG: O galeguismo histórico tiña esa intención internacionalista.
– CN: Si, é o de Galicia célula de universalidade, que quere dicir que Galicia é unha parte do universo e contribúe nel. De feito, o galego é máis falado que o francés no mundo.”
Camilo Nogueira obtén o Premio Moncho Valcarce de Defensa da Terra
Camilo 
Nogueira, un dos nomes clave na evolución do nacionalismo galego, recibirá o Premio Moncho Valcarce á Defensa da Terra, galardón creado pola Irmandade que leva o nome do activista antifranquista, coñecido como O crego das Encrobas. O premio á Promoción da Terra recaeu, desta volta, na Asociación Socio-Pedagóxica de Galiza (AS-PG), movemento de renovación pedagóxica pioneiro no país con máis de trinta anos de actividade na súa traxectoria. Os galardoados recibirán os seus premios nunha gala organizada pola Irmandade Moncho Valcarce o sábado 26 de marzo na Coruña. Durante a entrega dos premios presentarase o libro Moncho Valcarce un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos, que recupera textos escritos por Valcarce entre 1961 e 1968, ano no que foi expulsado do Seminario por ser demasiado idealista. Tamén se recupera un Diario de Exercicios Espirituais que corresponde cunha estancia en Pontedeume que data de 1983. No mesmo explica as razóns que o levaron ao sacerdocio e ao seu compromiso coa esquerda nacionalista. A nova provén de Galicia Hoxe. Tamén recollida en Galaxia.
Instituto Camões e Consello da Cultura Galega asinaron o primeiro protocolo-marco para realizar actividades conxuntas e intercambios culturais
O 
Consello da  Cultura Galega e o Instituto Camões asinaron en Compostela un pioneiro protocolo-marco de colaboración para fomentar a  realización de actividades conxuntas e o intercambio de experiencias  culturais. Os titulares das dúas institucións, Ramón Villares e Ana  Paula Laborinho, respectivamente, subliñaron a importancia dunha  iniciativa “que abre camiño para outros obxectivos” (Laborinho) e “que  nos ofrece unha antena para a difusión da cultura galega” (Villares).  Previo á sinatura tivo lugar un coloquio coa Presidenta do Instituto Camões e representantes do mundo cultural, educativo e universitario de  Galicia, no que tamén estivo presente o Secretario Xeral de Política  Lingüística, Anxo Lorenzo. Consello da Cultura Galega e Instituto Camões consideran que “para se  promover o coñecemento e difusión da cultura galega no exterior e da  cultura de expresión portuguesa en Galicia é de fundamental importancia  que se establezan relacións de intercambio entre ambas as entidades”.  Con esa finalidade trátase de “realizar actividades e proxectos de forma  conxunta en todas as áreas que resulten de interese mútuo,  especialmente o intercambio de publicacións, a organización de  conferencias, seminarios e cursos, a realización de exposicións ou de  outros programas que poidan interesar a ambas as partes ou a cadansúa  institución”. Ramón Villares e Ana Paula Laborinho expresaron a súa satisfacción  pola sinatura deste protocolo-marco e a vontade de facer camiño, logo  deste primeiro paso imprescindible para acometer outras iniciativas  conxuntas nos vindeiros anos. O Presidente do CCG salientou mais unha  vez a especial dimensión que para Galicia supón a presenza activa na  comunidade de países de lingua portuguesa. A Presidenta do Instituto  Camões falou, pola súa parte, da importancia de contar con Galicia e con  España como parceiros privilexiados no espazo europeo e iberoamericano.
Antes da sinatura do protocolo, a Biblioteca do Consello da Cultura  Galega acolleu un coloquio de Ana Paula Laborinho con 35 representantes  do mundo cultural, educativo, universitario e da empresa de Galicia. No  curso do encontro a Presidenta do Instituto Camões falou sobre Presenza  da lingua portuguesa no ensino en Galicia e presenza da cultura galega  na rede de centros do Instituto Camões. Na sesión interviu tamén Felipe Domínguez Presa, profesor da  Universidade de Vigo, co relatorio Situación actual do ensino da  lingua portuguesa na educación secundaria en Galicia. No debate, moderado polo profesor Henrique Monteagudo, tiveron ocasión  de participar os profesores Dante Luchesi (Brasil), Fernando Venâncio  (Portugal), Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Rodríguez, Enrique Sáez, Ângelo Cristovão Angueira (secretario da Academia Galega da Lingua  Portuguesa), Camilo Nogueira e Luís González Tosar. Uns e outros puxeron  de manifesto a necesidade do coñecemento e o recoñecemento, do diálogo e  a cooperación Galicia-Portugal para actuar máis eficazmente no  horizonte da diversidade.
Vía Consello da Cultura Galega.
Santiago: presentación da versión do Sempre em Galiza en portugués
O 
mércores 27 de outubro, a partir das 19:30 h., preséntase na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela a primeira versión en portugués do Sempre em Galiza, publicado en Avante Editora, da AGAL, onde intervirán Fernando Vásquez Corredoira, Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez e Miguel R. Penas.
Camilo Nogueira e Fermín Bouza recibiron os premios Pedrón de Ouro
Vigo: conversa con Justo Beramendi, Camilo Nogueira e Luís Domínguez

Mañá martes 16 de xuño ás 20 horas as instalacións da Fundación Casares de Vigo, situadas en Elduayen 36, 2º (antigo edifico Asefal).