Xabier López López: “Escribir é declararlle a guerra ao mundo”

Entrevista de Ramón Nicolás a Xabier López, en Qué Leer, desde o seu blogue Caderno da crítica:
“(…) – Ramón Nicolás (RN): Nunha autobiografía súa confesa que na súa narrativa hai un peso determinante da memoria colectiva…
– Xabier López (XL): Ben, en certa medida todos somos «terminacións» (ía dicir «nerviosas») dun organismo cuxa existencia se perde na noite dos tempos. Aínda cando afirmemos a nosa máis rotunda individualidade, non podemos esquecer de onde vimos e que boa parte, por non dicir a práctica totalidade da nosa «equipaxe» xa a levaron outros antes. E na literatura, creo, isto é aínda máis evidente. (…)
– RN: No seu último libro, Cando Artur non era rei, retorna á narrativa xuvenil. Que Arturo retrata aquí?
– XL: Pois, aínda que a novela sexa moi pouco ou case nada «cunqueiriana», algo parecido ao que se propuxo retratar CunqueiroAs mocedades de Ulises: un heroe antes de ser heroe, un heroe  «adolescente». Arturo coroouse aos 16 anos, polo visto, pero aínda así podemos encontrar espazo abondo para un tempo de aprendizaxe.
– RN: A literatura pode espertar conciencias, simplemente divertir ou mesmo anestesiar. É precisa hoxe unha actitude belixerante dende a creación literaria?
– XL: Nun relato d´Os libros prestados, precisamente, un personaxe sostén que o verdadeiramente importante non é o que se escribe, senón o como, o porqué, o propio acto da escritura. Independentemente do que escribas, e da finalidade con que o fagas, o propio acto de escribir é declararlle a guerra ao mundo. Se aínda enriba o fas dende unha lingua minoritaria, e o que é peor, minorizada… (…)”.

Betanzos: presentación de Cando Artur non era rei, de Xabier López

O venres 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase a última obra de Xabier López, Cando Artur non era rei, publicada en Galaxia. No acto acompañan ao autor Gabriela Rodríguez, presidenta da A. C. Eira Vella, e Francisco Castro.