O venres 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo (Rúa Autores da Rianxeira, s/n), preséntase o libro Poñente, de Pere Tobaruela, publicado en Xerais. O acto, coorganizado pola editora, o Concello de Rianxo, La Voz de Galicia e a Asociación Cultural Barbantia, contará coa participación de Ana Isabel Boullón, Manuel Bragado, Xesús Laíño, Carlos Mosteiro, Adolfo Muíños e o propio autor, e será completado cunha actuación musical a cargo de Antón Alcalde e Iago Hermo (da Escola de Música de Rianxo). Ese mesmo serán inaugurarase a exposición Castelao Vive. Esculturas de Nuco Losada.
Arquivos da etiqueta: Carlos Mosteiro
IIIº Encontro de Creadores do Barbanza
En Rianxo, do 20 ao 22 de abril e baixo o epígrafe A cor dos soños, terá lugar o IIIº Encontro de Creadores do Barbanza coa intención de contribuír á reflexión sobre as relacións da literatura infantil coa ilustración e o ensino. O encontro incluirá a presentación d’ A voz do lago de Antón Riveiro Coello, Unha bruxa ben rara de Carlos Mosteiro e o libro colectivo A cor dos soños, obra colectiva na que participan 14 ilustradores relacionados co Barbanza. Participarán tamén no evento Xosé A. Neira Cruz, Rodrigo Chao, Pablo Otero “Peixe”, María Xesús Blanco, Xavier P. Docampo, Cristina Novoa, Xesús Santos Suárez e F. R. Lavandeira. Os actos finalizarán cun recital a cargo de Estívaliz Espinosa. (Barbantia)